Actividades culturais

TROCA DE LIBROS

Estás pensando en mercar novas lecturas? Non o fagas! Trae os teus libros usados á conserxería e troca cada un deles por un vale. Poderás usalos o vindeiro domingo 10 de marzo no Pazo da Cultura para trocalos por outros en calquera dos postos habilitados na Feira. Aproveita esta iniciativa de fomento da lectura económica e sostible!

OBRADOIRO DE COCIÑA BRASILEIRA

Queres asistir a un obradoiro de cociña brasileira? Contacta co Departamento de portugués antes do 23 de febreiro ás 13.30 horas para reservar a túa praza! Os obradoiros terán lugar nas seguintes datas e horas:

  • 27/02: 16.30 - 18.00 horas.
  • 27/02: 19.00 - 20.30 horas.
  • 01/03: 10.30- 12.00 horas.

CONTOS DA ILLA DE MAN

O vindeiro xoves 8 de febreiro viranos visitar Milagros Torrado, profesora universitaria e tradutora ao galego do libro Contos da Illa de Man, para falarnos de folclore comparado e das linguas minoritarias.

Malia que a súa presentación está en inglés, fara nun "bilingüismo harmónico" galego-inglés. Todo o alumnado está convidado, achégate ao salón de actos e pasa unha tarde de contos!

GALETTE DES ROIS

Queres saber máis sobre a tradición de compartir la "galette des rois"? O departamento de francés convídate a esta presentación que terá lugar o vindeiro xoves 22 de febreiro en quenda de mañán e tarde. Non perdas a oportunidade de gañar 3 premios no xogo de preguntas e respostas!

BANCO DE ALIMENTOS: LECTURAS SOLIDARIAS

A nosa Escola é máis ca un espazo de aprendizaxe; tamén é unha comunidade que coida das persoas.  Nestas datas temos a posibilidade de doar alimentos ao comedor social San Francisco: os alimentos que máis precisan son leite e aceite pero tamén son benvidas as conservas e outros alimentos non perecedoiros.

E para que non marchedes coas mans baleiras, poderedes trocar cada alimento por un libro! Participa nesta iniciativa de "Lecturas Solidarias" antes do 21 de decembro!

CONCURSO DE SOBREMESAS

Preparado/a para un doce desafío? O concurso de sobremesas está a piques de comezar!

Cada sobremesa é unha obra mestra única, unha expresión da vosa creatividade e nós estamos emocionados/as de probar as vosas delicias. Trae a túa sobremesa ao vindeiro xoves 21 de decembro. Os premios serán suculentos lotes de produtos típicos destas festas! Consulta as bases e os premios (1 premio e accésits).

Boa sorte chefs!

VIAXE A FRANCIA

Apetéceche viaxar a Arcachon e Burdeos? O Departamento de francés organiza unha experiencia de 7 días e 6 noites en Francia do 23 ao 30 de marzo. Apúntate antes do vindeiro 5 de decembro! Coméntallo ao teu profesor/a ou envía un correo ao enderezo: frances@eoipontevedra.org

 

VIAXE A LONDRES

Eu marcho a Londres e ti? Se queres viaxar en boa compañía esta é a túa oportunidade!

Escribe un correo ao enderezo xefatura.estrada@eoipontevedra.org antes do vindeiro martes 22 de novembro! O prazo estará aberto ata esgotar as prazas!

  

 

"OFF THE WALL" BY JAMES ORANGE

Queres explorar obra do artista Banksy e a súa misteriosa indentidade? Achégate ao Salón de actos o vindeiro 15 de novembro ás 18.30 horas para escoitar unha charla interactiva de man do marabilloso James Orange.

OBRADOIRO DE FAROIS: SAN MARTIÑO

Co gallo da festividade de San Martiño, o departamento de alemán organiza un obradoiro de farois. Non dubides en coñecer de preto esta tradición e participa o vindeiro 14 de novembro das 17.30 ás 19.30 horas na aula 14.

Distribuir contido