Actividades culturais

DECLÁRALLE O TEU AMOR AO UN LIBRO

Queres gañar un xantar para dúas persoas? Escribe en 50 palabras unha declaración ao libro que máis queres: Que ten de especial? Por que che conquistou? Bule! Antes do 15 de febreiro! Consulta as bases nesta ligazón.

DIFUSIÓN EXPERIENCIAS- PIALE

As nosas compañeiras Elma Barreiro e Lola Burgo difunden todo o aprendido durante a súa estadía en Canadá ao ao abeiro do Programa PIALE: unha experiencia de inmersión lingüistica e Job-shadowing que chega ata Galicia da man destas dúas profesoras de inglés:

SPEAKING CORNER - CLUB DE CONVERSA

Interésache practicar o teu inglés entre iguais con outros/as alumnos/as? Achégate á cafetaría da Escola o vindeiro xoves 19 de xaneiro ás 17.30 horas para falar de temas diversos: a nova canción de Shakira, o resultado do último partido que viches ou calquera outra noticia. Ti decides! 

Niveis recomendados: do B2 ao C2.

"CANDO MÉLIÈS ALBISCOU A LÚA"

O Departamento de francés convídate a asistir á actividade cultural "Quand Georges Méliès visait la lune"  dirixida por Nathalie Ramírez. A sesióm desenvolverase no salón de actos nas seguintes datas:

  • 26 de xaneiro: 18.30 horas
  • 27 de xaneiro: 11.00 horas

 

FESTIVAL DE INVERNO NA ESCOLA

As voces do alumnado entoan cancións e os idiomas derruban barreiras na EOI de Pontevedra. Parabéns a todas as persoas que fixeron deste Festival de inverno un recordo inesquecible. 

FESTIVAL DE INVERNO

Despedimos o 2022 con 3 actividades que non podes perder:

  • 18.45 horas. Procura do tesouro: serás quen de atopar as pistas agochadas ata chegar ata o tesouro?
  • 19.30 horas. Actuacións musicais: o coro Materlingua liderado por Bonnie Cooper e a pianista Beatriz González acompañarán ao alumnado das distintas linguas.
  • Mercado solidario: na semana do 19-22 de decembro poderás mercar libros de segunda man por unha doazón mínima de 2 euros. Os fondos recadados doaranse ao comedor San Francisco. 

COLOQUIO CON SUSANA ARÍNS

O Departamento de Galego da EOI de Pontevedra convídate o xoves 24 de novembro ás 19:00 horas ao coloquio-charla coa escritora Susana Sanches Arins, membro e impulsora da plataforma de crítica feminista A Sega e presidenta da organización non gobernamental Implicadas no Desenvolvemento.

Anímate, contamos contigo!

MICRORRELATOS DE MEDO

Bota unha ollada ás arrepiantes historias creadas polo noso alumnado que se atopan expostas no corredor da Escola:

"ESTOU A ESTUDAR PORTUGUÉS": VALENTIM FAGIM

O Departamento de Portugués convídavos a asistir ao faladoiro "Eu estou a estudar portugués" liderado por Valentim Fagim o vindeiro 27 de outubro ás 19.30 horas no salón de actos da Escola. Non o podes desaproveitar!

PUMPKIN CARVING WORKSHOP

Vén festexar o "spooky season" cunha actividade de tallado de cabazas mentres practicas o teu inglés. Actividade aberta aos cativos/as. Máis información e inscricións: plambe.eoipontevedra@gmail.com

Distribuir contido