Actividades culturais

CONCURSO DE SOBREMESAS

O concurso de sobremesas foi un éxito!Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos os que participastes na festa. Bases e premios.

 Bases e os premios.

OS ALUMNOS DA EOI NAS ONDAS

Algúns dos nosos alumnos de Portugués e Galego xunto co noso lector francés participaron no programa "Dalle a Lingua" de Onda Cero Pontevedra (emitido de luns a venres ás 11.50h.) e demostraron ser unhas verdadeiras estrelas dos medios.

 

DERRUBANDO BARREIRAS

Os alumnos do nivel avanzado de inglés están a participar nun proxecto e-Twinning sobre barreiras culturais e estereotipos. Por un día convertíronse en líderes mundiais achegando ideas para mellorar a nosa sociedade.

 

OBRADOIRO: DECORACIÓN OVOS DE PASCUA

O Departamento de alemán convídate a un obradoiro de decoración de ovos de Pascua o vindeiro mércores 29 de marzo ás 20 horas. Non o podes perder!

PRÉSTAMO ESPECIAL DE VERÁN

Queres levar os teus libros/pelis/revistas favoritas e gozar delas todo o verán? Aproveita o préstamo especial e recibirás unha bolsa decorada por ser un/unha lector/a voraz!

Pasa pola biblio os martes ou xoves a partir do 7 de xuño! Consulta ohorario que iremos actualizando progresivamente.

OBRADOIROS: PRÁCTICA ORAL

Se queres practicar o idioma que estudas de forma oral apúntate aos obradoiros de alemán e inglés que serán impartidos polos lectores Harris Maneka e Nasly Tineo.

XEOGRAFÍAS LECTORAS

LA CANZONE PIÙ BELLA IN ITALIANO

Arriva un'altra edizione del Festival di Sanremo e noi, nel dipartimento d'italiano vi proponiamo di cercare insieme le canzoni italiane che ci piacciono di più. Scrivi il titolo, il cantante e per quale motivo ti piace. Cantiamo tutti!!!

 

VÉN À BIBLIOTECA

QUÉ ESTÁS A LER?

Cantas veces entraches na biblioteca xa?

Levaches algún material para casa?

Cal foi o último libro que liches?




Vén logo que poidas... está chea de sorpresas    
Distribuir contido