Actividades culturais

"HEALTHY LIFE" PROJECT

Queres levar unha vida saudable? Os alumnos de C1 de inglés da Escola están a investigar como facelo. Bota unha ollada á primeira parte do proxecto!

IX CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO

Participa no CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO o vindeiro martes 13 ás 19.30 horas no salón de actos da Escola e simultáneamente nas seccións. A actividade ten dúas horas de duracción e consiste na redacción in situ dun texto a partir de 3 palabras escollidas no mesmo día da proba. Máis de 450 euros en premios! Consulta as bases.  

EXPOSICIÓN "O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS"

Visita a exposición nos corredores da nosa Escola, completa este cuestionario e consegue grandes premios! Podes deixar as respostar na conserxaría ou enviando un correo electrónico ao enderezo: edlg.eoipontevedra@gmail.com. Boa sorte!

STRANGE AND CURIOUS SPORTS

Queres aprender sobre os deportes e competicións máis curiosas do Reino Unido? Quedas convidado/a a esta interesante actividade a cargo de James Orange onde xogarás por equipos a un quiz o vindeiro 8 de marzo ás 16.30. Non o podes perder!

ENTROIDO E FALCATRUADAS.

Deixámosvos unha mostra da celebración do Entroido por parte dos compañeiros do Departamento de Galego. Graciñas a todas as persoas participantes e a Carlos Yus polo seu enxeño e humor inconfundibles.

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

Presentámosvos o resultado do obradoiro de máscaras elaboradas con pasta. Parabéns para as profesoras do Departamento de Italiano pola orixinalidade desta iniciativa e os seus excelentes froitos. Moitas gracias aos que participastes dela!

30 ANIVERSARIO DA ESCOLA

Moitas grazas a todas e todos por ter formado parte destes maravillosos 30 anos ensinando idiomas. Seguiremos traballando duro neste 2018!

CONCERTO FOLK CON TNT

A EOI de Pontevedra convídate a celebrar o seu 30 aniversario a ritmo de folk coa banda galega "TANTO NOS TEN" o vindeiro xoves 21 de decembro ás 19.00 no salón de actos. A entrada é libre, convida ás túas amizades!

CONCURSO DE CARTEIS: 30 ANIVERSARIO

SONIA LEBEDYNSKI NA ESCOLA

Por fin descubrimos á cantante galega que vai vir visitar a Escola o vindeiro xoves 30 de novembro ás 18.30. Non perdas a ocasión de coñecela a través da entrevista dirixida por Susana Pedreira, xornalista de Onda Cero. De seguro animarase a cantar algún tema en directo! 

Distribuir contido