PROBAS

Na EOI de Pontevedra pódense realizar ditintos tipos de probas:

  • Proba de clasificación: diagnostica o nivel de coñecementos previos da lingua de estudo e determina en que curso lle correspondería matricularse.

Prazo de matrícula: mes de setembro.

Realización da proba: mes de setembro.

  • Probas de certificación: outorgan un certificado oficial de nivel de lingua da EOI con validez internacional, que ademais puntúa en concursos de méritos, oposicións, traslados, expediente académico, etc.

Alumnado oficial: ten dereito á convocatoria de xuño e setembro. Ademais de obter un certificado da EOI, a proba daralle acceso ao seguinte curso e nivel.

Alumnado libre: pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación (ou en varias á vez).

Prazo de matrícula: mes de marzo. Só ten dereito á convocatoria de xuño.

  • Probas de cursos non terminais: dirixidas ao alumnado matriculado no 1º curso do nivel Básico/Intermedio/Avanzado. Ademais das convocatorias de xuño e setembro, realizarase unha proba de progreso no mes de febreiro.