Antes de vir á escola, consulte o protocolo de asistencia ás probas.
As probas dos niveis de certificación e dos cursos de promoción desenvolveranse nas seguintes datas:
- Cursos de promoción: A1, B2.1, C1.1
- Cursos de certificación: A2, B1, B2.2, C1.2
PUBLICACIÓN DE NOTAS
Poderá consultar as súas cualificacións dende esta mesma páxina a través da aplicación Centrosnet.
As clases de B1 retomaranse a partir do mércores 11 de maio no seu horario habitual.
O XII Certame de Microrrelato en galego "EOI de Pontevedra" desenvolverase na sección do Valle Inclán o martes 26 de abril ás 18.00 horas na aula tres. Podedes consultar as bases do concurso nesta ligazón.
A profesora Marta Iglesias reincorpórase ás súas clases hoxe luns 25 de abril.
AVISO Á COMUNIDADE EDUCATIVA
Desde o equipo directivo recoméndase seguir coas medidas de prevención da Covid-19 (mantemento da distancia de seguridade, hixienización de pupitres e uso da máscara no interior do centro).
As ausencias do profesorado serán notificadas a través de CentrosNet (menú: Mensaxes). Lembra descargar a aplicación móbil e activar as notificacións para estar sempre ao día.
A profesora Marta Iglesias estará ausente os días 21 e 22 de abril.
Permanecede atentos ás notificacións da súa reincorporación.
Consultade as datas das probas escritas de certificación dos niveis A2, B1, B2 e C1 de inglés correspondentes á convocatoria ordinaria de maio e xuño de 2022 recollidas na Circular 2/2022.
O MEC ven de convocar as bolsas para estudos postobrigatorios para o vindeiro curso 2022-23. Aproveita esta oportunidade e recibirás unha axuda para cursar os teus estudos na Escola Oficial de Idiomas. Prazo aberto ata o 12 de maio.
A actividade lectiva dos niveis A2 e B1 retómase esta semana a partir do 4 de abril no seu horario habitual.
Como cada ano pedimos a vosa colaboración para completar a enquisa sobre o funcionamento da Escola. Animamos ao alumnado a que aproveite a ocasión para achegar as vosas suxestións e propostas de mellora. O formulario estará aberto ata o vindeiro 22 de marzo.