PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA PARA CURSOS MONOGRÁFICOS
Se queres matricularte nun dos cursos nosos monográficos de 60 horas poderás facelo do 3 de xullo ao 15 de setembro.
Só terás que seguir estas instruccións:
- Encher o formulario especificando os teus datos persoais e o(s) curso(s) nos que te queres matricular.
- Pagar as taxas correspondentes indicadas no formulario.
- Enviar a documentación requirida (formulario debidamente cumprimentado, copia do DNI e resgardo do aboamento das taxas) ao enderezo electrónico matricula.eoipontevedra@gmail.com.
Cursos ofertados no primeiro cuadrimestre:
- Curso de alemán para a competencia comunicativa - Nivel C1.
- Curso de inglés para o medio forestal (Sección Valle-Inclán).
Preme aquí para consultar os horarios dos cursos non ordinarios.