EDLG

O equipo de dinamización ten un novo blog:

edlgeoipontevedra.blogspot.com.es

Nel podes informarte de todas as nosas actividades, deixar os teus comentarios ou suxestións, e gostar da lingua tanto coma nós.

 

Descrición xeral e funcións do EDLG

Segundo se recolle no artigo 15º do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega crearase para potenciar o uso da lingua galega no centro e terá un papel fundamental no deseño, posta en práctica e revisión dos programas de promoción no centro educativo.

 

Obxectivos:

(recollidos no Proxecto Lingüístico de Centro)

  • Que a produción documental e informativa do centro se faga en galego correctamente escrito.
  • Traballar a prol da eliminación dos preconceptos lingüísticos entre todos os colectivos que conviven na Escola.
  • Fomentar o interese polo coñecemento e emprego da lingua como ferramenta espontánea e necesaria de comunicación.
  • Cultivar o interese pola literatura galega.
  • Conseguir que a Escola se converta nun verdadeiro centro difusor da lingua, da literatura e da cultura galegas.

Constituíntes:

Coordinadora:
Isabel Barreiro Quibén
 
Profesorado:
Santiago González Lopo, departamento de francés
Maria José Sola Bravo, departamento de portugués
Carlos Yus Respaldiza, departamento de galego
Persoal de Administración e Servizos:
Katia Lorenzo Baqueiro
Alumnado:
Celestino Álvarez Blanco
Celia Bejo Buceta