CURSOS NON TERMINAIS

CURSOS NON TERMINAIS: 1º Básico, 1º Intermedio e 1º Avanzado

PROBA DE PROGRESO DE FEBREIRO

CALENDARIO:as probas de progreso realizaranse na semana do 25 ao 29 de xaneiro. aínda que puntualmente poderán comezar o 21 de xaneiro e estenderse ata o 2 de febreiro.

O alumnado debe consultar coa profesora ou profesor do seu grupo o día, e a hora dos exames de febreiro. Lembre que se non acada un 85% de asistencia durante o curso, perderá o dereito a presentarse a esta proba  

PROBA FINAL DE XUÑO

O alumnado debe consultar coa profesora/profesor do seu grupoas datas dos exames de xuño. Lembre que as datas e hora dos exames de xuño poden non coincidir coas datas e o horario do grupo no que está matriculado.

No caso de departamentos con probas de cursos non terminais UNIFICADAS, consulte as datas no apartado "Probas Certificación".

PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

As datas e horarios de celebración das probas extraordinarias de setembro correspondentes aos primeros cursos de cada nivel serán publicadas coas datas das probas de certificación de setembro no taboleiro principal da páxina.