CAMBIOS DE GRUPO 23-24

Quen pode solicitar o cambio?

  • O alumnado matriculado na EOI de Pontevedra ou centros adscritos (IES Valle-Inclán - sección sita no IES Sánchez Cantón -, IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín), IES Antón Losada Diéguez (A Estrada):

Cando se pode solicitar?

  • dende as 14.00h do día 5 de outubro ata as 22.00h do día 9 de outubro. 

Como se pode solicitar?

  • Para cambios de grupo dentro do mesmo centro educativo o alumnado deberá acceder ao seu perfil en CentrosNET. Cada persoa pode formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que estea matriculada. Mais información.
  • Para cambios de grupo entre diferentes centros educativos (da Escola a un centro adscrito ou viceversa) o alumnado deberá cumprimentar o impreso de solicitude e envialo ao enderezo: infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com.
  • Para cambios de cursos intensivos a anuais ou viceversa o alumnado deberá cumprimentar o impreso de solicitude e envialo ao enderezo: infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com.
  • Os impresos correspondentes estarán colgados na páxina web da EOI (Sección Formularios).
  • Só se pode pedir cambio de hora. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.

Cando entra en vigor o cambio?

  • As solicitudes serán atendidas na medida que existan vacantes no grupo ao que se desexa acceder. 
  • De non haber vacante no momento da solicitude, quedará en espera por se xurdira unha vacante.
  • Recibirá unha mensaxe por correo electrónico confirmándolle a concesión do cambio.
  • O alumnado deberá asistir ás aulas do novo grupo tan pronto teña a confirmación telemática.
  • O profesorado dos grupos afectados tamén reciben notificación dos cambios.

Onde envío a documentación se son alumno/a dunha sección?

  • O alumnado das seccións da Estrada ou Lalín deberá remitir as solicitudes en papel ao centro no que estea matriculado, só no caso de querer cambiar dende outro centro adscrito.