Taboleiro de anuncios

MATRÍCULA 2024/25: PRAZAS VACANTES

  • Prazo: do 20 de xullo ao 20 de setembro.
  • Procedemento: en liña a través desta ligazón.
  • Grupos e horarios: Consulte aquí.
  • Resgardo do aboamento das taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático.
  • Alumnado con diversidade funcional: Achegar documentación acreditativa. No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.
  • Alumnado menor de idade: Protocolo de ausencias do alumnado menor de idade.
  • Resolución de matrícula do 16 de maio de 2024.
  • Teléfonos de axuda: 886159119.
 
 
 

CURSOS GALEGO: CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA 24/25

A Resolución do 18 de xuño de 2024 (DOG do 26 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos  en  liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA).

O prazo de solicitudes estará aberto do 1 ao 12 de xullo e farase en liña a través da aplicación www.eoidigital.com/preinslinguagalega

Consulta toda a información premendo nesta ligazón.

THAT´S ENGLISH: CURSO 2024/25

Prazos de matrícula: 

  • Do 28 de xuño ao 12 de xullo, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2023/24 que desexe continuar no curso 2024/25.
  • Do 2 de setembro ao 31 de outubro, para o resto do alumnado.

Máis información.

PROBA CLASIFICACIÓN: CURSO 2024/25

Se tés coñecementos previos dunha lingua e non queres comezar de cero na Escola, a proba de clasificación é a túa mellor opción. Consulta as datas e horas destas probas e matricúlate do 4 de xullo ao 30 de agosto. Máis información.

CURSOS MONOGRÁFICOS 2024/25

Queres estudar unha lingua sen a presión do exame e nun curso máis curto? Bota unha ollada á nosa oferta de cursos monográficos para o vindeiro ano académico aquí e matricúlate en liña do 24 de xuño ao 13 de setembro.

CURSOS MONOGRÁFICOS: CURSO 2024-25

Queres estudar unha lingua sen a presión do exame e nun curso de só 60 horas? Bota unha ollada á nosa oferta de cursos monográficos para o vindeiro ano académico 24-25. 

Podes matricularte en liña desde do 24 de xuño ao 13 de setembro:

INGLÉS:

PORTUGUÉS:

Non esquezas achegar a seguinte documentación:

  • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
  • Resgardo das taxas aboadas. (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático. (Se ten fraccionada a matrícula indique os 20 díxitos da conta e achegue certificado onde conste o IBAN e a titularidade nunha das entidades colaboradoras).
    • Antigo alumnado: 103,00€ por curso monográfico
    • Novo alumnado: 125,00 € por curso monográfico.
  • Fotocopia do documento de identidade (DNI,NIE ou pasaporte).
 

MATRÍCULA CURSO 2024-25

Alumnado apto na convocatoria ordinaria ou apto/non apto/non presentado na convocatoria extraordinaria:

  • Formalizar a súa matrícula nesta ligazón
  • Subir á aplicación de matrícula o xustificante de ter aboado as taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático. (Se ten fraccionada a matrícula indique os 20 díxitos da conta e achegue certificado onde conste o IBAN e a titularidade nunha das entidades colaboradoras).
  • O alumnado que solicite unha adaptación por presentar discapacidade deberá cubrir o Anexo V da Resolución e presentar a documentación correspondente.

Alumnado novo: Persoas con renuncia de matrícula e novos accesos. Consulte aquí os pasos a seguir.

 
 

MATRÍCULA ABERTA: ALUMNADO CALC E CUALE

O alumnado matriculado no presente curso escolar 2023-24 nos cursos CALC e CUALE na EOI Pontevedra que queira presentarse as probas de certificación do nivel que está cursando deberá matricularse nesta ligazón do 8 ao 12 de abril de 2024 (ambos días incluídos).

Consulta os requerimentos nesta ligazón.

ROTEIRO:PONTEVEDRA EN FEMININO

Anímaste a coñecer mellor as rúas de Pontevedra da man dunha guía experta? Anótate (ata o 1 marzo) escribindo ao enderezo edlg@eoipontevedra.org. Cómpre acadarmos un número mínimo de participantes para poder realizar. a actividade! O roteiro sairá o vindeiro venres 8 de marzo ás 11.30 horas da Praza da Ferrería. Acompáñanos a percorrer as rúas da nosa vila e descubre as hostorias destas mulleres senlleiras!

NOVOS CURSOS: 2º CUADRIMESTRE

CURSOS MONOGRÁFICOS DE 60 HORAS: Matrícula aberta do 8 ao 19 de xaneiro.

  • Curso de alemán (A1/A2). Apetéceche traballar nun país de lingua alemá? Que mellor maneira de comezar que mariculándote neste curso específico para a mobilidade laboral e estudiantil. 
  • Curso de inglés para o medio forestal. Este curso será impartido na sección do Valle-Inclán a continuación do curso impartido no 1º cuadrimestre.

Enche o formulario para os cursos monográficos, paga as taxas e envía a documentación ao enderezo matricula@eoipontevedra.org

CURSOS INTENSIVOS DE 120 HORAS: Matrícula aberta do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro.

  • Curso de francés (A2). EOI central
  • Curso de inglés (A2). EOI central
  • Curso de inglés (B2). Sección valle-Inclán

Completa o formulario para os cursos intensivos, paga as taxas e envía a documentación ao enderezo matricula@eoipontevedra.org

Documentación (só alumnado novo)

Distribuir contido