Taboleiro de anuncios

THAT´S ENGLISH: MATRÍCULA ABERTA

Se precisas total flexibilidade para estudar inglés o Programa a distancia That´s English é a mellor opción para ti. Traballa ao reu ritmo e se tes dúbidas, podes vir á Escola unha vez por semana para unha titoría. A matrícula estará aberta ata o  11 de novembro. Máis información.

  • Presentación do curso: Semana do 17 ao 21 de outubro.
  • Comezo das clases: 24 de outubro.

COMEZO DAS CLASES: 8 DE SETEMBRO

As clases comezarán a partir do 8 de setembro. Cada grupo comezará o día e hora que lle corresponda por horario. Consulta os detalles.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE MATRÍCULA

Se tiveches algún problema para matricularte agora tes a aplicación de matrícula aberta ata o 15 de setembro. Preme na ligazón para coñecer os detalles.

NOVO PRAZO DE MATRÍCULA: PRAZAS VACANTES

Se aínda non te matriculaches na Escola agora tes un novo prazo aberto do 21 de xullo ao 7 de setembro. Preme na ligazón para coñecer os detalles do procedemento.

CURSOS MONOGRÁFICOS

Se aínda non te matriculaches na Escola agora tes un novo prazo aberto do 21 de xullo ao 7 de setembro. Preme na ligazón para coñecer os detalles do procedemento.

MATRÍCULA CURSO 2022-23

Consulte toda a información sobre o procedemento de matrícula para o curso 2022-23 premendo nesta ligazón ou sobre a imaxe:

PROBAS - XUÑO 2022

Nas seguintes ligazóns atoparás toda a información relativa ás datas e horas das probas e publicación de notas, tanto dos cursos de promoción como dos de certificación. Boa sorte a todos e todas.

AXUDA :PERSOAS REFUXIADAS DE UCRAÍNA

A EOI de Pontevedra habilita un punto de entrega de material para as persoas refuxiadas diante da biblioteca nas seguintes quendas:

  • XOVES: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00
  • VENRES: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00
  • LUNS: de 9:30 a 13:00

Prégase consultar a listaxe de produtos que se precisan co fin de optimizar os recursos.

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

Os cursos de Linguaxe administrativa de galego darán comezo o vindeiro 7 de marzo e rematarán o 15 de maio. Para consultar as datas das probas e máis información específica sobre estes cursos, premendo na Resolución do 2 de agosto do 2021.

INFORMACIÓN PROBAS LIBRES

As probas libres realizaranse nos seguintes días e horas:

Francés Galego Inglés Italiano Portugués

  • Os chamamentos para as probas orais publicaranse nas páxinas de cada Departamento.
  • Consulte as datas de publicación de notasrevisión das probas nesta ligazón.
  • O alumnado que estea en desacordo coa cualificación final disporá de tres días hábiles contados a partir do día seguinte da publicación dos resultados (18 de febreiro: francés, inglés, portugués - 21 de febreiro: galego) para cubrir o formulario correspondente e presentalo perante a dirección do centro no enderezo eoi.pontevedra@edu.xunta.gal
  • Lembre evitar as aglomeracións nos corredores e lea  o protocolo de asistencia ás probas antes de desprazarse á Escola.
Distribuir contido