Taboleiro de anuncios

COMEZO DOS CURSOS CELGA.

Comezan os cursos CELGA de galego correspondentes ao segundo cuadrimestre. Preme na ligazón para consultar as datas de comezo das clases. 

CURSOS INTENSIVOS FRANCÉS E INGLÉS: MATRICÚLATE!

Do 5 ao 7 de febreiro abrimos o prazo de matrícula para os cursos intensivos de inglés e francés que terán lugar no segundo cuadrimestre. A oferta educativa é a seguinte: 

  • FRANCÉS: Básico A2 martes a venres das 16.00 ás 18.00
  • INGLÉS: Básico A2 martes a venres das 17.20 ás 19.20
  • INGLÉS: Intermedio B2.2 (sección do Valle-Inclán) de luns a xoves das 20.00 ás 22.00

Non perdas esta oportunidade de acreditar o teu nivel de lingua! Pasa pola secretaría e matricúlate!

NOTA INFORMATIVA: RENUNCIA Á MATRÍCULA

Lembramos ao alumnado que poderá solicitar ao centro a renuncia de matrícula ata un mes antes do remate das clases do curso correspondente. A mencionada renuncia constará no expediente académico e, de ser á primeira, NON computará para os efectos de permanencia no curso e nivel. As renuncias posteriores si se terán en conta para estes efectos, agás en casos debidamente xustificados e valorados pola dirección do centro.

CENTRO PECHADO POLO SAMAÍN

Lembramos a toda a comunidade educativa que o centro permanecerá pechado dende vindeiro 31 de outubro, por ser o día do ensino, ata o luns 4 de novembro, por ser o día de libre designación escollido polo consello escolar. A actividade lectiva reanudarase o vinderio martes 5 de novembro. Desfrutade do Samaín.

 

CAMBIOS DE GRUPO 2019-2020

Se precisas mudar de horario ou hora de clase, consulta toda a información sobre os cambios de grupo para o presente curso escolar aquí e non perdas a túa oportunidade de conciliar os estudos na EOI coa túa rutina diaria!

 

Non esquezas o horario do centro se tes que entregar a túa solicitude en papel. 

ALUMNADO NOVO: ACTO DE ACOLLIDA

Eres novo na EOI? Agora que formas parte da nosa comunidade, gostaríache saber moito máis sobre a escola? Non te perdas o noso acto de acolllida para o novo alumnado. En quendas de mañá ou tarde, o vindeiro 30 de setembro. Agardámoste!

ADMITIDOS CURSOS CELGA 19-20

Consulte na aplicación se foi admitido/a nos cursos Celga do primeiro cuadrimestre. Máis información na sección do departamento de galego.

NOVIDADES THAT´S ENGLISH

ATENCIÓN! Se tes coñecementos previos de inglés, e che interesa o ensino a distancia, That´s English é o teu programa. Matricúlate na proba de nivel (Proba Vía) que terá lugar o vindeiro 15 de outubro.

Prazo de matrícula aberta ata o 31 de outubro: desfruta do 50% de desconto para funcionarios/desempregados maiores de 52 anos. Sen horarios e con material en liña!Consulta a súa páxina.

ADMITIDOS PREINSCRICIÓN 19-20

Se tes obtido praza no sorteo para a selección do alumnado a través da preinscrición en liña, non esquezas facer a túa reserva aquí. A túa matrícula validarase unha vez entregues a documentación requerida na secretaría da EOI. Parabéns aos afortunados! Se non houbo sorte, podes esperar á nova adxudicación de vacantes que sairá pública na nosa web unha vez rematado o prazo de matrícula de setembro.

BOLSAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS

Pide axuda económica para estudar nas EOIs. Prazo aberto ata o 1 de outubro.

Distribuir contido