DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

Para formalizar a matrícula, deberá presentar a seguinte documentación na secretaría:

DOCUMENTACIÓN

  • Reserva de matrícula realizada na aplicación en liña (2 copias).
  • ALUMNADO DE NOVO ACCESO

Presentar, ademais do anterior, a seguinte documentación:

      1. Fotocopia do DNI ou NIE (no caso de estranxeiros).
      2. Acceso directo por proba de clasificación ou outras titulacións: presentar os títulos ou certificados que acrediten os accesos a cursos distintos  a 1º de Básico.
      3. Alumnado procedente doutra Escola Oficial de Idiomas: certificados dos estudos realizados na mesma.
      4. Alumnado que se matricule no C1: fotocopia cotexada do certificado do Nivel Avanzado ou do certificado de aptitude expedido por unha EOI. No caso do idioma inglés, tamén poderá presentar o certificado da validación do Certificate of Proficiency emitido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. De non dispor dos certificados, deberá presentar o xustificante de ter aboados os prezos púbicos para a expedición do título correspondente.