Taboleiro de anuncios

CURSOS INTENSIVOS 2º CUADRIMESTRE

Ábrese o prazo de matrícula para os cursos intensivos do 2º cuadrimestre do 23 ao 27 de xaneiro ás 23.59 horas para o alumnado apto nos intensivos do primeiro cuadrimestre e para o alumnado de novo acceso. Consulte máis información sobre o procedemento.

PECHE DO PRIMEIRO CUADRIMESTRE

  • Probas de progreso (cursos ordinarios) e de promoción (cursos intensivos): Desenvolveranse do 24 ao 28 de xaneiro. Consulta as datas co teu profesor.
  • Matrícula cursos intensivos (Francés - A2 e Inglés -A2/B2.2): Do 31 de xaneiro ao 7 de febreiro en centrosnet.
  • Comezo clases 2 cuadrimestre cursos intensivos: 1 febreiro

ALUMNADO LIBRE : RENUNCIA DE MATRÍCULA

O alumnado libre que non poida realizar as probas de acordo ao calendario establecido por causas derivadas da Covid 19, e así o acredite ante a dirección do centro (ata o 4 de marzo) poderá renunciar á matrícula e solicitar a devolución das taxas aboadas.

MATRÍCULA: ALUMNADO LIBRE

Ábrese o prazo de matrícula libre para as probas de cetificación, do 10 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos. Consulta toda a información nesta páxina.

MATRÍCULA CURSOS INTENSIVOS: 2º PRAZO

Ábrese a matrícula do día 6 de marzo ao 12 de marzo para os cursos intensivos cuadrimestrais de inglés e francés dos niveis A2, B2.2. Información.

INFO EXPEDICIÓN CERTIFICADOS

A solicitude de expedición de certificados debe ser realizada vía correo electrónico a infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com por mor da situación sanitaria actual. Só cómpre acudir ao centro para recoller os certificados de B1, B2, C1 e C2, previa solicitude dos mesmos ao email anterior.

A solicitude de expedición de certificados do alumnado do programa That´s English deberá remitirse a eoi.pontevedra@thatsenglish.com.

Solicite cita previa a través da nosa web se precisa recoller algún certificado confirmado previamente unha vez realizado o trámite telemático correspondente.

CITA PREVIA SECRETARÍA

Prema no día e hora correspondente no cadro para realizar trámites presenciais na secretaría do centro que non poidan ser resoltos telemáticamente. 

 

SERVIZO CITA PREVIA

A EOI de Pontevedra ofrece un servizo de cita previa para cuestións administrativas urxentes que teñan que ser resoltas no centro e non poidan tramitarse telematicamente. Solicite unha cita na entrada superior da páxina. 

A atención telemática realizarase nos seguintes enderezos:

  • Consultas de secretaría:  infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com
  • Consultas de xefatura de estudos: xefatura.eoipontevedra@gmail.com
  • Consultas de dirección: eoi.pontevedra@edu.xunta.gal
  • Consultas de vicedirección: vicedireccion.eoipontevedra@gmail.com

CALENDARIO XUÑO: AVALIACIÓN E ACOMPAÑAMENTO DO ALUMNADO

Consulte o calendario onde se recolle o plan de traballo durante o mes de xuño para o alumnado de certificación así como os criterios de avaliación e datas de publicación de notas do alumnado de cursos non terminais, cursos intensivos e alumnado That´s English.

COMUNICADO DA DIRECCIÓN

CONTACTO CO CENTRO:

Mentres dure o estado de alarma, para evitar todo risco de contaxio entre a poboación, comunicamos que este centro quedará pechado para o alumnado e o público en xeral. As consultas de xestión do centro faranse en:

eoi.pontevedra@edu.xunta.gal e no tlf 669 139 676 

  • As consultas de secretaría en: secretaria.eoipontevedra@gmail.com e infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com
  • As consultas de xefatura de estudos en: xefatura.eoipontevedra@gmail.com
  • As consultas de vicedirección en: vicedireccion.eoipontevedra@gmail.com

O alumnado poderá utilizar os medios telemáticos habituais para comunicar co seu/súa profesor/profesora.

MATRÍCULA LIBRE 2020:

Infórmase a todo o alumnado que de acordo coa Resolución do 15 de marzo do 2020, se suspenden os termos e se interrompen os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanizarase no momento en que perda vixencia o seguinte acordo ou se é o caso, as prórrogas deste. Cando todo se normalice e recibamos instruccións ao respecto, reabrirase o prazo de matrícula. 

Distribuir contido