Taboleiro de anuncios

AUSENCIAS PROFESORADO

As ausencias do profesorado serán notificadas a través de CentrosNet (menú: Mensaxes). Lembre descargar a aplicación móbil e activar as notificacións para estar sempre ao día:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

MATRÍCULA: ALUMNADO CALC, CUALE E CURSOS PREPARACIÓN

De acordo á Circular 2/2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, o alumnado inscrito nos cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC), o alumnado do programa CUALE, e o alumnado dos cursos de formación do profesorado de preparación das probas de certificación da EOI deberá matricularse previamente. Consulte toda a información na seguinte ligazón.

CALENDARIO PROBAS LIBRES

Consulte o calendario de probas para os distintos idiomas:

As quendas e chamamentos para as probas orais publicaranse nas páxinas de cada Departamento situadas no menú superior da web.

Lembre evitar as aglomeracións nos corredores e consulte o protocolo de asistencia ás probas antes de desprazarse á Escola.

CURSOS CELGA E DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA

Se che interesa obter un título oficial de galego - CELGA ou de Linguaxe Administrativa - non esquezas matricularte nos cursos do 2º cuadrimestre. O prazo de inscrición ábrese do 4-14 de xaneiro. Consulta os detalles do procedemento de matrícula.

VOTACIÓN: REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR

Non esquezas votar mañán polo representante do sector Alumnos/as o 24 de novembro de maneira presencial na Escola nas seguintes horas (Consulta a listaxe de candidatos/as).

  • 10.30 - 11.30 - Alumnos/as maiores de idade.
  • 17.00 - 18.00 - Alumnos/as maiores de idade.
  • 18.00 - 19.00 - Pais/nais e titores/as legais.

MATRÍCULA LIBRE 2021-22

Lembrade entrar nesta ligazón para formalizar a matrícula e non esquezades subir toda a documentación requirida á aplicación. O prazo remata o 10 de decembro.

Consulta os detalles do procedemento e o calendario de realización das probas libres.

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 2021-22

Coa constitución da Xunta Electoral comezou o proceso electoral para a renovación parcial dos distintos sectores da comunidade educativa representados no Consello Escolar do centro. Consulte o calendario de actuacións.

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, a Xunta electoral deste Centro dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, sector de alumnos/as. Prema nesta ligazón para consultar os detalles do procedemento.

MATRÍCULA: CURSO 2021/22

Lea con atención as instrucións para realizar a matrícula en liña do curso 2021-22.

A partir do 18 de setembro preme aquí , accede coas túas credenciais e comproba se estás admitido/a. Lembra que para completar a matrícula terás que subir a documentación requirida á aplicación!

CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA-CURSO 2022-23

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca con carácter gratuito os seguintes cursos no segundo cuadrimestre:

CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA EN LIÑA (LAG):

  • Nivel medio: do 6 de marzo ao 14 de maio de 2023
  • Duración: 75 horas

CURSOS PREPARATORIOS CERTIFICACIÓN (CELGA): 60 horas

As clases comezan a partir do 27 de febreiro segundo os días e horas de cada grupo:

  • CELGA 2: de febreiro a maio de 2023.
    • Luns, martes e venres de 09.00 a 11.00 horas.
  • CELGA 3: de febreiro a maio de 2023.
    • Martes, mércores e venres de 15.30 a 17.30 horas.
  • CELGA 4: de febreiro a maio de 2023.
    • Luns, martes e venres das 11.00 ás 13.00 horas.
    • Martes, mércores e venres das 17.30 ás 19.30 horas.

PRAZOS DE PREINSCRICIÓN:

  • Do 3 ata o 13 de xaneiro de 2023.

SOLICITUDES

As persoas interesadas realizarán a solicitude a través da aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega. 

ADMISIÓN DE SOLICITUDES E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

Os sorteos para a asignación de prazas terán lugar na EOI de Santiago nos seguintes días:

  • Cursos segundo cuadrimestre: 16 de xaneiro ás 13.00 horas.

O alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para formalizar a súa matrícula subindo a documentación requirida nos seguintes prazos:

  • Cursos segundo cuadrimestre: ata o 20 de xaneiro

A falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten e poderánselle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

  • Unha copia do DNI ou NIE (esta non será necesaria se a persoa xa foi alumna desa escola).
  • O xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar. (Só para os curso de Linguaxe Administrativa).
  • O certificado de discapacidade, de ser o caso.
  • Para o curso medio de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 3 do punto décimo desta resolución.

 Pode consultar a convocatoria premendo nesta ligazón.

 

CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA

A Resolución do 02 de agosto de 2021 (DOG do 13 de agosto) convoca, con carácter gratuíto, cursos en liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA). Lea a información premendo na seguinte ligazón.

Distribuir contido