MATRÍCULA LIBRE - CURSO 2021/22

As probas de certificación libres terán lugar en febreiro de 2022 nunha única convocatoria. O alumnado interesado terá que inscribirse desde esta ligazón de acordo cos seguintes prazos:

Para os niveis A2 e B1:

  • Prazo de inscrición: do 9 de novembro ata as 12:00 horas do 26 de novembro de 2021
  • Prazo de matrícula e entrega de documentación en liña: do 9 de novembro ao 10 de decembro
  • A matrícula non terá validez ata que se suba a documentación correspondente na mesma aplicación.

Para os niveis B2 e C1:

  • Prazo de inscrición: do 9 de novembro ata as 12:00 horas do 26 de novembro de 2021
  • Consulta da adxudicación por sorteo: a partir do 1 de decembro, na mesma aplicación web
  • Prazo de matrícula e entrega de documentación en liña: do 1 ao 10 de decembro
  • A matrícula non terá validez ata que se suba a documentación correspondente na mesma aplicación.
  • Para os niveis B2-C1 os/as candidatos/as deberán seleccionar todos os centros en que se van a administrar as probas, de acordo coa súa orde de preferencia

PAGO DE TAXAS EN LIÑA E DOCUMENTACIÓN:

  • Deberá subir á aplicación o xustificante de ter pagado as taxas e o DNI no caso do alumnado novo. No caso de ter dereito á exención das taxas (ler o texto da Circular) deberá achegar o documento que o certifique.
  • COnsulte os códigos e importe das taxas.
  • Pode realizar o pagamento das taxas nesta ligazón.

____________________________________________________________________

CALENDARIO DE PROBAS

A EOI Pontevedra administrará as seguintes probas consonte a este calendario:

    • Niveis A2 - B1: Alemán, Francés, Galego, Inglés, Italiano, Portugués
    • Nives B2 - C1: Francés, Galego, Inglés, Portugués.

As probas de B2 e C1 de alemán e italiano terán lugar nas escolas de A Coruña-Ourense (alemán) e Ferrol-Vigo (italiano). Consulte o calendario de realización establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.


 Para máis información consulte a Circular e a sección web correspondente.