Taboleiro de anuncios

BOLSAS PARA ESTUDOS POST-OBRIGATORIOS

Sabías que podes solicitar unha bolsa para cubrir as taxas de matrícula nas Escolas Oficiais de Idiomas? O prazo estará aberto ata o 17 de maio incluído. Preme na ligazón para saber máis. 

ENQUISA: FUNCIONAMENTO DA ESCOLA

Axúdasnos a mellorar o funcionamento da Escola? Enche o formulario antes do vindeiro 3 de abril ás 20.00 horas. As túa suxestións son importantes. Participa!

CALENDARIO PROBAS LIBRES

Consulte nesta ligazón as datas e horas das probas de certificación correspondentes á convocatoria libre que terán lugar no mes de febreiro na nosa Escola.

Boa sorte a todas as persoas candidatas!

CURSOS INTENSIVOS 2ª TRIMESTRE

Ábrese o prazo de matrícula para os cursos intensivos do 2º cuadrimestre do 23 ao 27 de xaneiro ás 23.59 horas para o alumnado apto nos intensivos do primeiro cuadrimestre e para o alumnado de novo acceso. Consulte máis información sobre o procedemento.

CURSOS CALC PARA PROFESORADO

Es docente e precisas mellorar a túa competencia lingüística en galego ou inglés? O CFR de Pontevedra ofréceche a posibilidade de formarte nun curso de 60 horas. Matricúlate desde a aplicación fprofe antes do 22 de xaneiro.

  • ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALEGO: C2 - P2201028
  • Mércores e xoves: de 17.30 ás 19.30 horas
  • Comezo das clases: 23 de xaneiro
  • ACTUALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE INGLÉS: C1 - P2201027
  • Luns e mércores de 17.30 ás 19.30 horas
  • Comezo das clases: 25 de galego

CURSOS CELGA E LINGUAXE ADMINISTRATIVA

As clases dos cursos CELGA correspondentes ao segundo cuadrimestre comezarán a partir do 27 de febreiro:

  • Celga 2: 27 de febreiro
  • Celga 3: 28 de febreiro
  • Celga 4 (de mañá): 27 de febreiro
  • Celga 4 (da tarde): 28 de febreiro

Consulta os horarios dos cursos e os detalles do procedemento de matrícula nesta ligazón.

CURSO DE ALEMÁN PARA O EMPREGO

Andas na procura dun curso de alemán básico que che permita mellorar a túa empregabilidade? Aproveita esta oportunidade e matricúlate no curso de 60 horas  "Alemán para o emprego".

  • Prazo e procedemento de matrícula: do 9 ao 20 de xaneiro a través desta ligazón.
  • Horario: luns e mércores das 17.30 - 19.30 horas
  • Comezo das clases e duración: do 25 de xaneiro ao 7 de xuño.
  • Taxas:
    • Apertura de expediente22 euros (só para o alumnado que non estivo nunca matriculado na Escola).
    • Servizos xerais13 euros (todo o alumnado)
    • Curso90 euros
    • Pagamento: resgardo do aboamento das taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático.

QUE CURSOS CHE GUSTARÍA ATOPAR NA OFERTA DA ESCOLA?

Completa esta enquisa e axúdanos a mellorar a nosa oferta educativa o vindeiro curso 2023/24. Completa o formulario antes do vindeiro 7 de decembro ás 11.00 horas. As respostas son totalmente anónimas.

1ª XUNTANZA DE DELEGADOS/AS

O vindeiro martes 29 de novembro ás 19.30 horas terá lugar a primeira xuntanza de representantes do alumnado no salón de actos da Escola. Se es delegado/a non esquezas asistir e achegar suxestións de mellora!

MATRÍCULA LIBRE 2022-23

Distribuir contido