PROBA DE CLASIFICACIÓN 2021

PRAZO DE MATRÍCULA: 1-5 de setembro

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: Prema nesta ligazón.

DESCRIPCIÓN DA PROBA:

A proba de clasificación ten carácter voluntario e serve para ubicar ás persoas que a realizan no curso que lles corresponde segundo os coñecementos demostrados.  Prema aquí para consultar os detalles e condicións xerais da proba.

QUEN SE PODE MATRICULAR: 

  • As persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial. 
  • Requisito de idade: ter 16 anos cumpridos se o idioma do que se examina é o mesmo que o cursado na ESO ou 14 se é un idioma diferente (ou ben cumprilos antes do 31 de decembro de 2021)
  • As persoas que non estiveran matriculadas en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao actual.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude: descargar e imprimir o formulario.
  • Taxas: Consulte as instruccións de pagamento telemático. Tamén pode realizar o pagamento nunha entidade bancaria descargando o modelo A1 (Ligazóns asociadas- Modelo A1- Iniciar taxa- cadeado azul- Descargar modelo).

PRESENTACIÓN:

As persoas interesadas deberán enviar o impreso cuberto, o resgardo de pagamento das taxas e unha copia do DNI no enderezo infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com.

VIXENCIA:

Os resultados da proba terán unha validez de dous cursos académicos en calquera das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.