Actividades culturais

OBRADOIROS DE ALEMÁN: PRÁCTICA ORAL

Se queres practicar o alemán de forma oral apúntate aos obradoiros que serán impartidos polo noso lector Harris Maneka:

APÚNTATE Á MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

Este ano estreamos a modalidade semipresencial. Podes gozar do mellor dos dous mundos: clase presencial e plataforma virtual de aprendizaxe. Neste vídeo explicámoscho con moito humor:

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Celebra o Día Europeo das Linguas xogando ao Trivial e gozando da multiculturalidade da Escola. O vindeiro 28 de setembro ás 12.00 e o 30 de setembro ás 18.30 horas no salón de actos.

OFERTA EDUCATIVA: CURSO 2021-22

Xa está dispoñible a oferta educativa correspondente ao curso 2021-22. Este ano, ademais do Programa That´s English, engadimos a modalidade semipresencial en inglés. Bótalle unha ollada:

VIDEO-DICCIONARIO DE EXPRESIÓNS

Bota unnha ollada aos videos creados polo noso alumnado onde che explican o significado dunha escolma de expresións populares que engadirán riqueza á túa fala nas linguas da Escola.

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA BOA LECTURA

Se queres ler moito e ben, non perdas detalle destas guías elaboradas polo alumnado da Escola:

 

OS LIBROS DA TÚA VIDA

Hai libros que deixan unha pegada imborrable na nosa vida, e hoxe o alumnado da Escola comparte esas lecturas contigo.

PRÉSTAMO ESPECIAL DE VERÁN NA BIBLIOTECA

Se che interesa gozar dos fondos da biblioteca durante todo o verán achégate a este espazo e recibe unha bolsa de algodón decorada para levar o material que precises. Consulta o horario reducido no mes de xuño nesta ligazón.

CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO

Se queres gañar un suculento premio, participa o vindeiro xoves 15 de abril ás 19.30 h no "XI Certame de Microrrelato en galego EOI de Pontevedra".

A creación do relato debe realizarse de xeito presencial "in situ", a partir de tres palabras A escritora Ledicia Costas, a xornalista Susana Pedreira e o poeta e contador de historias Lois Pérez propuxeron xa cadansúa palabra para que as persoas participantes elaboren o seu relato. Queres saber cales son as palabras secretas? Bótalle unha ollada ao vídeo:

Bases do concurso

THE CHATTERBOX CLUB

Precisas practicar o inglés oralmente? Pois cada martes de abril terás a oportunidade de falar nun grupo reducido de persoas sobre os temas que che interesen durante 1 hora con dúas profes moi dinámicas: Ana e María da Universidade de Vigo. Reserva a túa praza axiña completando este formulario:

Distribuir contido