A Escola

Quen somos?

As Escolas Oficiais de Idiomas son centros públicos dedicados ao ensino de linguas ás persoas adultas. De feito, só os cursos da Escola Oficial de Idiomas dan dereito á obtención do único título oficial de idiomas expedido en España á marxe do ensino obrigatorio e universitario.

Como centro de ensino, esforzámonos para conseguir que os nosos alumnos desenvolvan:

  • A capacidade efectiva de usar o idioma como vehículo de comunicación xeral.
  • O recoñecemento e o respecto pola diversidade lingüística e cultural como instrumento de diálogo entre os pobos.

A Escola de Idiomas de Pontevedra é unha das 11 Escolas galegas, dependentes da Consellaría de Educación, e forma parte da rede de EE.OO.II. do Estado español.