Sección de Pontevedra (IES Valle-Inclán)

CALENDARIO PROBAS: MAIO / XUÑO 2024

Consulta o calendario completo de realización das probas na convocatoria ordinaria para o curso académico 2023-24.

Chamamentos para as probas de expresión oral:

B2.2, C1.2

VIAXE A LONDRES

Londres: nunca deixarás de sorprendernos! Unha viaxe máis co alumnado da Escola, acompañado da profesora Antía Portas. Porque viaxar, é evolucionar.

CURSOS 2º CUADRIMESTRE: INTENSIVO B2.2 E MONOGRÁFICO

Estes son os cursos que se desenvolverán no 2º cuadrimestre na sección do Valle-Inclán sita no IES Sánchez Cantón:

CURSO INTENSIVO B2.2                                                                                                                     Matrícula: 29 xaneiro - 2 febreiro

Inicio das clases: 29 xaneiro

CURSO MONOGRÁFICO: INGLÉS PARA O MEDIO FORESTAL 2

Matrícula: 8-19 xaneiro

Inicio das clases: 30 xaneiro

PROXECTO LECTOR

Retomamos o proxecto de contacontos que iniciamos o curso pasado na sección do Valle-Inclán.  Nesta segunda edición novas alumnas animáronse a participar nesta enriquecedora experiencia.  Parabéns a todas elas pola súa magnífica actuación!

PRAZAS VACANTES: ATA O 15 DE SETEMBRO

Aínda non te matriculaches? Agora ofertamos as prazas vacantes ata o 15 de setembro!

Enche este formulario enviando un correo electrónico ao enderezo infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com.

Consulta a documentación requirida premendo aquí.

COMEZO CURSO ESCOLAR 2023-2024

IMPORTANTE! As clases comezarán o vindeiro luns 11 de setembro segundo os horarios do(s) grupo(s) no (s) que estea matriculado/a. Exemplo: se vostede ten clase os martes e xoves, comezará as súas clases o martes 12 de setembro. Non haberá comezo escalonado por niveis.

Para comprobar as datas específicas de cada curso na sección do Valle-Inclán sita no IES Sánchez Cantón, prema nesta ligazón.

CONTIDOS CURSOS MONOGRÁFICOS: INGLÉS PARA O MEDIO FORESTAL I E II

Tes curiosidade por coñecer os contidos dos dous cursos monográficos que imos impartir este curso coa colaboración do CFEA Lourizán e a Escola de Enxeñaría Forestal?

Preme na seguinte ligazón para averigualo.

PRAZAS VACANTES: CURSO 2023-2024

Se aínda non reservaches a túa praza ou esqueciches formalizar a túa matrícula nos prazos anteriores agora tes a posibilidade de matricularte nas prazas vacantes. O prazo estará aberto do 22 de xullo ata o 8 de setembro.

Segue estes pasos: 

  • Consulta os grupos e horarios do curso 2023-24 e elixe o que máis se axuste á túa dispoñibilidade.

  • Escolle o tipo de curso no que te queres matricular e preme na ligazón correspondente:

SECCIÓN VALLE-INCLÁN

  • Realiza o pagamento das taxas: resgardo do aboamento das taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático.
  • Sube a documentación requirida á mesma aplicación de matrícula.

Alumnado con diversidade funcional:

    • Achegar documentación acreditativa.
    • No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.

Alumnado menor de idade:

Formulario de autorización do uso da imaxe (alumnado maior de idade):

  • Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119 desde as 9.00 ás 14.00 horas no mes de xullo e de 9.00 a 13.00 nomes de agosto.
  • Resolución de matrícula do 16 de maio de 2023
  • NOTA: 

    • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
    • As probas da convocatoria ordinaria e extraordinaria poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
    • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.

 

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA: CURSO 2023-2024

Consulta toda a información sobre a preinscrición, admisión e matrícula para o vindeiro curso 2023-24.

Comproba a nosa oferta educativa na sección do Valle-Inclán para o vindeiro curso.

Se queres acceder a través dunha proba de clasificación (proba de nivel) podes ler máis premendo aquí.

IMPORTANTE!

Podes certificar o nivel B2 nun só curso académico matriculándote no grupo intensivo B2.1-B2.2.

Se non tes posibilidade de asistir ás clases presenciais, dispoñemos da modalidade a distancia mediante o programa That´s English!para os cursos A2 e B1.  Máis información sobre a matrícula na seguinte ligazón.

NOVIDADE!

Ofertamos dous cursos monográficos de 60 horas cada un:

Inglés para o medio forestal I (1º cuadrimestre) NIVEL A2-B1.  Martes e xoves 16.00-18.00.

O prazo de matrícula deste primeiro curso monográfico estará aberto do 3 de xullo ao 15 de setembro. Anímaste a matricularte? Preme na ligazón para saber máis. Impreso de matrícula dispoñible.

Inglés para o medio forestal II (2º cuadrimestre) NIVEL B1-B2.  Martes e xoves 16.30-18.30.

 

 

CALENDARIO PROBAS: CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Xa está dispoñible para consulta o calendario de probas correspondente á convocatoria extraordinaria na sección do IES Valle-Inclán.

Convocatoria das probas orais de certificación:  A2, B1, B2, C1.

 

Distribuir contido