Se aínda non reservaches a túa praza ou esqueciches formalizar a túa matrícula nos prazos anteriores agora tes a posibilidade de matricularte nas prazas vacantes. O prazo estará aberto do 22 de xullo ata o 8 de setembro.
Segue estes pasos:
SECCIÓN VALLE-INCLÁN
- Realiza o pagamento das taxas: resgardo do aboamento das taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático.
- Sube a documentación requirida á mesma aplicación de matrícula.
Alumnado con diversidade funcional:
- Achegar documentación acreditativa.
- No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.
Alumnado menor de idade:
Formulario de autorización do uso da imaxe (alumnado maior de idade):
- Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119 desde as 9.00 ás 14.00 horas no mes de xullo e de 9.00 a 13.00 nomes de agosto.
- Resolución de matrícula do 16 de maio de 2023
-
NOTA:
- A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
- As probas da convocatoria ordinaria e extraordinaria poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
- O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.