Este ano abrimos no primeiro cuadrimestre novos cursos específicos adaptados aos teus intereses:
O prazo de matrícula estará aberto do 3 de xullo ao 15 de setembro. Anímaste a matricularte? Preme na ligazón para saber máis.
A Resolución do 13 de xuño de 2023 (DOG do 22 de xuño) convoca, con carácter gratuíto, cursos en liña de linguaxe administrativa galega para funcionarios (LAG) e presenciais preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (CELGA).
O prazo de solicitudes estará aberto do 3 ao 14 de xullo e farase en liña a través da aplicación www.eoidigital.com/preinslinguagalega. Consulta toda a información premendo nesta ligazón.
Prema neste titorial sobre cómo acceder á Plataforma Centrosnet para consultar as notas e o expediente.
Se precisas solicitar unha adaptación dos exames da escola debes ler o protocolo de adaptación de probas, cumprimentar o formulario e subilo coa documentación de matrícula a través da aplicación.