CAMPAÑA "TRAE UN AMIGO/A A CLASE"

Tés algunha persoa achegada interesada en estudar idiomas? Agora na EOI Pontevedra podes convidar a un amigo/a vir a clase contigo co obxectivo de coñecer o funcionamento e dinámicas dos nosos cursos.

A campaña estará aberta ata o 23 de maio, incluído. Consulta co teu profesor/a e aproveita a oportunidade de dar a coñecer a Escola a outras persoas que tamén sinten paxión polas linguas!