Secretaría

Teléfonos

  • Conserxaría (información xeral): 886 159 116
  • Secretaría: 886 159 119
  • Fax886 159 133

HORARIO: de luns a venres de 9.00-14.00 e xoves de 16.00 - 20.00 (só durante o período de clases, non durante o período de probas nin durante o estival).

ENDEREZO ELECTRÓNICOinfosecretaria@eoipontevedra.org 

Reclamacións 

Só se aceptarán as reclamacións entregadas por rexistro.

Solicitude de títulos oficiais

  • Solicítanse unha vez se superan todos os cursos dos estudos oficiais da Escola de Idiomas. Os títulos oficiais son, por tanto, dous: diploma de Ciclo Superior ou Certificación de Nivel Avanzado segundo o plano de estudos cursado.
  • Necesítanse os seguintes documentos:solicitude debidamente cuberta; fotocopia do DNI; folla de liquidación de taxas debidamente cuberta e paga nunha das seguintes entidades bancarias (vede nesta ligazón as acreditadas) ou en liña na seguinte ligazón. Consulte os códigos de expedición de títulos académicos e profesionais da LOGSEe LOE.
  • Cantidades a indicar na folla de liquidación de taxas:
  1. Importe segundo LOGSE: 25,91€.
  2. Importe segundo LOE: 25,91€.
  3. Importe para familia numerosa segundo LOGSE: 12,95€. É obrigatorio acreditar mediante a presentación da fotocopia do título de familia numerosa.
  4. Importe para familia numerosa segundo LOE: 12,95€. É obrigatorio acreditar mediante a presentación da fotocopia do título de familia numerosa.
  5. Persoas con discapacidade:deberán aboar o importe normal.
  • Preséntase toda a documentación na Secretaría da EOI. A chegada do título demora aproximadamente 2 anos. Unha vez en poder da Secretaría, o solicitante será avisado por correo electrónico (se foi indicado) ou correo ordinario.
  • Unha vez avisado, o alumno pode recoller persoalmente o título en Secretaría, presentando o seu DNI. Se non pode recollelo persoalmente, pode enviar outra persoa no seu nome, que deberá presentar unha autorización asinada polo alumno solicitante e unha fotocopia do DNI deste mesmo alumno.

AVISO: A expedición dos títulos desta Escola só se fará previa petición da persoa interesada.

Solicitude de renuncia á matrícula

  • Solicítase no caso de o alumno querer renunciar á matrícula nun ou varios idiomas durante un curso académico. En ningún caso se lle devolve a cantidade paga para a inscrición. Porén, a renuncia á matrícula ten a vantaxe de que o alumno non perde a convocatoria dese ano.
  • Prazo: Ata o 30 de abril do curso académico en cuestión.
  • Documentos: solicitude debidamente cuberta; fotocopia do DNI.

Solicitude de devolución de taxas (só para os bolseiros)

  • Solicítana aqueles alumnos que, malia teren concedida unha bolsa de estudos, no momento da matrícula pagaron a totalidade das taxas. Unha vez teñan a confirmación da obtención da bolsa, poden presentar esta solicitude.
  • Documentos: solicitude de devolución de taxas debidamente cuberta; fotocopia do DNI; certificación bancaria en que conste o número de conta; copia da folla de taxas que se lle entregou no momento da formalización da matrícula; credencial da bolsa.

Matrícula viva

  • Solicítana aqueles alumnos matriculados durante o curso académico actual noutra Escola e que, por diferentes motivos, queren continuar os estudos na EOI de Pontevedra.
  • Primeiro deben averiguar se aínda quedan prazas no curso e nivel do idioma que queren cursar.
  • Documentación: fotocopia do DNI; resgardo de matrícula da Escola a partir da cal se solicita o traslado.
  • Prazo: novembro a 15 de maio.