THAT´S ENGLISH

Consulta as últimas novidades no noso TABOLEIRO.

Consultas e atención ao público

Diríxete ao enderezo eoi.pontevedra@thatsenglish.com ou solicita información na propia Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra no teléfono 886 159 121.

De luns a venres das 10.00 ás 13.30 horas.

Prazo de matrícula

Matricúlate axiña!

  • Cursos ordinarios:O prazo de matrícula estará aberto do 1 de setembro ao 31 de outubro. Preme na páxina web oficial do Programa para matricularte.

NOVIDADE

  • Curso preparatorio para a proba de certificación do nivel C1 (EXAM PREP): queres realizar un curso para obter o título oficial do nivel C1 por libre? Matricúlate só por 150 euros neste curso específico 11 de setembro ao 8 de outubro a través da aplicación: https://examprep.thasenglish.com Consulta máis información aquí.

 

Proba de nivel

Podes realizar a proba de nivel durante o período de matrícula (do 1 de setembro ao 31 de outubro) sen compromiso e de xeito gratuito nesta ligazón que activaremos o primeiro día de matrícula. Podes consultar o manual para a realización desta proba premendo aquí.

Saber inglés nunca che custará menos...

That´s English é un curso de educación a distancia para aprender inglés ao teu ritmo, porque nós poñemos todo para que tí só teñas que te preocupar do más importante: aprender. Vas contar cun excelente material didáctico: libros de vocabulario e gramática, CD audio, guías do curso, os programas de televisión dispoñibles en DVD e acceso en liña á plataforma e-learning, con material didáctico complementario.

Ademáis, terás práctica oral nas titorías presenciais impartidas por profesores da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Así, poderás completar a túa formación e superar con éxito os exames que realizarás ao final de cada módulo.

O curso que che dará acceso aos exames de Certificación das Escolas Oficiais de Idiomas e che permitirá obter os Certificados Oficiais de Nivel Básico A2, Intermedio B1,  Intermedio B2 e Avanzado C1.

Comezo das clases

  • Comezo do curso: 25 de setembro
  • Comezo do curso EXAM PREP: 25 de setembro

Máis información

Para facer calquera consulta relativa ao programa, infórmate no teléfono 91 108 61 01 ou na web http://www.thatsenglish.com/.