Sección de Pontevedra (IES Valle-Inclán)

CALENDARIO PROBAS DE PROGRESO

As probas parciais de progreso terán lugar entre o día 20 e 31 de xaneiro.  Consultade as datas do voso nivel e grupo coa vosa profesora.  As probas finais de promoción do curso intensivo desenvolveranse entre o 24 e o 26 de xaneiro.

VACACIÓNS DE NADAL

Informamos a toda a comunidade educativa de que a actividade lectiva rematará o martes 21 de decembro e renaudarase o luns 10 de xaneiro.

Boas festas!

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: O MAR TEN A PALABRA

Contan os mariñeiros que "o mar está vivo e hai que telo contento para que estea da parte dun".

Por iso, para rematar ben o ano, lanzamos o concurso de fotografía "O mar ten a palabra" no que podes gañar unha cámara instantánea Fujifilm Instax!

Envía unha fotografía relacionada co mar antes do 21 de decembro ao enderezo concursos.eoipontevedra@gmail.com! Consulta as bases do concurso.

1ª XUNTANZA DE DELEGADOS /AS

O martes 23 novembro terá lugar a primeira xuntanza de representantes de alumnado para o curso 21-22. Se es delegado/a, agardámoste!A xuntanza desenvoverase a través de videoconferencia. Consulta a mensaxería en CentrosNet para acceder á ligazón.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Entre o 15 e o 19 de novembro colaboramos co Banco de Alimentos de Pontevedra mediante a campaña de recollida de alimentos organizada polo IES Valle Inclán.

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2021, a Xunta electoral deste Centro dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, sector de alumnos/as e sector de pais, nais e titores legais.  O censo do alumnado está exposto no taboleiro de anuncios do IES Valle Inclán. Prema nas seguintes ligazóns para consultar os detalles do procedemento.  

Convocatoria de eleccións de representante de alumnos/as ao consello escolar.

Convocatoria de eleccións de representante de pais, nais e titores legais ao consello escolar.

Coa constitución da Xunta Electoral comezou o proceso electoral para a renovación parcial dos distintos sectores da comunidade educativa representados no Consello Escolar do centro.  Consulte o calendario de actuacións.

MATRÍCULA LIBRE - CURSO 2021-2022

A probas libres de certificación realizaranse no mes de febreiro nunha única convocatoria e o prazo de inscrición en liña estará aberto do 9 ao 26 de novembro. Prema nesta ligazón para consultar os detalles do procedemento e o calendario de realización.

OBRADOIROS: PRÁCTICA ORAL

Se eres alumno/a do nivel B1 e queres practicar o idioma que estudas de forma oral apúntate aos obradoiros de  inglés que serán impartidos pola lectora Nasly Tineo na sede de A Xunqueira.

CAMBIO DE GRUPO CURSO 21-22

Dende as 14.00h do día 21 de outubro ata as 22.00 do día 25 de outubro ábrese o prazo de solicitude de cambio de grupo para o curso 21-22.  Segue estas instrucións se precisas mudar de horario.

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO DA BIBLIOTECA

Gústaríache botar unha man na biblio da sede de A Xunqueira, coidando e facendo bo uso dos materiais? Cubre a solicitude para participar no Programa de voluntariado e entrégaa na Conserxaría antes do 1 de novembro. 

Solidarízate coa biblioteca, solidarízate coa cultura.

Library by Gerald Pereira

Distribuir contido