Sección de Pontevedra (IES Valle-Inclán)

PRAZAS VACANTES: PRAZO MATRÍCULA

Queres estudar na Escola e aínda pero non te matriculaches en tempo e forma? Aproveita o novo prazo de vacantes do 4 ao 8 de outubro. O día 4 poderás acceder a un formulario para reservar unha praza nesta ligazón.

Unha vez recibas a confirmación da vacante, segue estas instruccións para formalizar a matrícula.

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Celebra o Día Europeo das Linguas xogando ao Trivial e gozando da multiculturalidade da Escola. O vindeiro 28 de setembro ás 12.00 e o 30 de setembro ás 18.30 horas no salón de actos da EOI A Xunqueira.

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

Lede con atención as instrucións para realizar a matrícula en liña do curso 2021-2022. Aquí atoparedes información sobre a oferta educativa e o calendario de matrícula.

A partir do 18 de setembro accedede a esta ligazón (https://www.eoidigital.com/preinsxunta/alumnos/index.php) coas vosas credenciais e comprobade se estades admitidos/as.  Lembrade que para completar a matrícula teredes que subir a documentación requirida á aplicación.

Se finalizado o prazo de matrícula aínda quedaran vacantes, a EOI publicaraas xunto co procedemento para a súa adxudicación e posterior matrícula ata o 8 de outubro.

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

A actividade lectiva comezará nos días indicados. Se a data de comezo non coincide cos días do teu horario habitual, terás que vir á Escola o primeiro día da semana que che corresponde por horario a partir da data indicada:

 

NIVEL C1.1 (aula 5) & C1.2 (aula 3): 23 de setembro

NIVEL B2.1(aula 4) & B2.2 (aula 5): 24 de setembro

NIVEL B1 (aula 2): 27 de setembro

NIVEIS A2 (aula 2) & A1 (aula 3): 28 de setembro

MATERIAL DIDÁCTICO CURSO 2020-2021

Na seguinte ligazón pódese consultar o material didáctico que se empregará no vindeiro curso académico.

By Horia Varlan

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

A información que se precisa para realizar a matrícula do vindeiro curso académico atópase na seguinte ligazón.

PUBLICACIÓN NOTAS EXAMES SETEMBRO E REVISIÓNS

As notas correspondentes á convocatoria extraordinaria dos exames de setembro publicaranse en Centrosnet o xoves 9 de setembro ás 12.00.  

A revisión destes exames terá lugar o xoves 9 de setembro ás 17.00 na aula habitual das clases.

PROBAS SETEMBRO 2021

As probas realizaranse do 1-7 de setembro (non terminais e certificación) na sección da EOI de Pontevedra situada no IES Valle Inclán.  As notas publicaranse o día 9 de setembro ás 12.00 a través de Centrosnet. 

Consulte as datas e horas correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro premendo na ligazón.

Podedes consultar os chamamentos para as probas de expresión oral dos distintos niveis nas seguintes ligazóns:

A1 A2 B1 B2.1 B2.2 C1.1 C1.2

Alumnado que non poida asistir: causas derivadas da COVID-19.  Consultade esta ligazón.

O protocolo a seguir será o mesmo que o aplicado na convocatoria de xuño.

MATRÍCULA CURSO 2021-2022

Consultade a oferta educativa e este anticipo do calendario de matrícula para o curso 2021-2022.  Lede con atención as instrucións para realizar a matrícula en liña.

ATENCIÓN:  O prazo de matrícula para o alumnado apto en xuño ábrese o 1 de xullo.  Este ano o proceso de matrícula deberá realizarse totalmente en liña.  Cómpre subir a documentación requirida a través da aplicación.  Non se admitirá documentación a través do correo electrónico.  Esta información está recollida no manual de instrucións da páxina web.

PROTOCOLO COVID-19 - SECCIÓN VALLE INCLÁN

Este é o protocolo da COVID-19 que se aplicará na sección do Valle Inclán.

Distribuir contido