Sección de Pontevedra (IES Valle-Inclán)

CORO DE INGLÉS: LEARNING BY SINGING

Se queres aprender inglés dun xeito diferente, o coro de inglés é unha opción óptima para ti. A asociación de alumn@s e ax-alumn@s Materlingua está a organizar esta actividade de canto coral os martes das 18.30 ás 19.30 horas no salón de actos da Escola. Non perdas a oportunidade de participar neste coro liderado por Bonnie Cooper, profesora de canto e soprano Canadiense de recoñecido prestixio. Máis información.

THAT´S ENGLISH: MATRÍCULA ABERTA NA SECCIÓN DO VALLE INCLÁN

Se precisas total flexibilidade para estudar inglés o Programa a distancia That´s English é a mellor opción para ti. Traballa ao reu ritmo e se tes dúbidas, podes vir á Escola unha vez por semana para unha titoría. A matrícula estará aberta ata o 11 de novembro.  Na sección do IES Valle Inclán ofértanse os niveis A2 e B1. Máis información.

Presentación do curso:

  • A2:  venres 21 de outubro 17.30 Aula 2
  • B1:  mércores 19 de setembro 17.30 Aula 2

Comezo das clases: 24 de outubro.

 

 

PRAZAS VACANTES: CURSO 2022-23

Se aínda non reservaches a túa praza ou esqueciches formalizar a túa matrícula nos prazos anteriores agora tes a posibilidade de matricularte nas prazas vacantes da EOI. O prazo estará aberto ata o 15 de setembro. Segue os pasos que che resumimos a continuación: 

  • Consulta os grupos e horarios do curso 2022-23 e elixe o que máis se axuste á túa dispoñibilidade.
  • Escolle o tipo de curso no que te queres matricular e preme na ligazón correspondente:

SECCIÓN VALLE-INCLÁN:

  • Realiza o pagamento das taxas: resgardo do aboamento das taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático.
  • Sube a documentación requirida á mesma aplicación de matrícula.

Alumnado con diversidade funcional:

    • Achegar documentación acreditativa.
    • No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.

Alumnado menor de idade:

Formulario de autorización do uso da imaxe (alumnado maior de idade):

  • Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119 desde as 9.00 ás 14.00 horas.
  • Texto completoResolución do 25 de maio de 2022
  • NOTA: 

    • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
    • As probas da convocatoria ordinaria e extraordinaria poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
    • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.

COMEZO DAS CLASES

Consulta a data de inicio da actividade lectiva do teu nivel e grupo.  Comezamos a partir do 9 de setembro.

MATRÍCULA THAT´S ENGLISH

O período de matrícula para os niveis A2 (THE-MD-A2.4) e B1 (THE-MD-B1.2) da modalidade a distancia That´s English estará aberto entre o 6 de setembro e o 31 de outubro.

A presentación do nivel A2 terá lugar o venres 21 de outubro (aula 2) e a do nivel B1 o mércores 19 de outubro (aula 2).

NOVO PRAZO DE MATRÍCULA: 21 XULLO - 7 SETEMBRO

Se aínda non reservaches a túa praza ou esqueciches formalizar a túa matrícula nos prazos anteriores agora tes a posibilidade de matricularte nas prazas vacantes da EOI. O prazo estará aberto do 21 de xullo ao 7 de setembro. Segue os pasos que che resumimos a continuación:

Alumnado con diversidade funcional:

    • Achegar documentación acreditativa.
    • No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.

Alumnado menor de idade:

 

  • Dúbidas e consultas:  valle.eoipontevedra@gmail.com
  • Teléfonos de atención (A Xunqueira):886 159 116 e 886 159 119 desde as 9.00 ás 14.00 horas.
  • Texto completo: Resolución do 25 de maio de 2022
  • NOTA: 

    • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
    • As probas da convocatoria ordinaria e extraordinaria poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
    • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.

 

 

MATRÍCULA CURSO 2022-23

Consulta toda a información sobre o procedemento de matrícula para o curso 2022-23 premendo nesta ligazón.  Velaquí a oferta educativa do vindeiro curso na sección do Valle Inclán.

IMPORTANTE!

Se queres obter o certificado de B2 nun curso académico, tes a posibilidade de matricularte no curso intensivo B2.1-B2.2 (VI-IN-B2.1-INT-A e VI-IN-B2.2-INT-B)

NOVIDADE! THAT´S ENGLISH NIVEL A2 E B1

Se precisas obter o certificado de A2 e B1 e non podes asistir ás clases presenciais, tes a posibilidade de matricularte nesta modalidade a distancia:

- nivel A2: VI-IN-THE-MD-A2.4

- nivel B1: VI-IN-THE-MD-B1.2

PROBAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA - XUÑO

PROTOCOLO DE ASISTENCIA ÁS PROBAS.

Antes de vir a Escola, consulte o protocolo de asistencia ás probas.

DATAS E HORAS DAS PROBAS

 Consulte o calendario de probas e revisións dos cursos de promoción e certificación correspondentes á convocatoria extraordinaria de xuño.

 PROBAS ESCRITAS:

 Consulte nas guías informativas de certificación a orde das distintas partes da proba no caso de que só teña algunha actividade de lingua pendente.

PROBAS ORAIS DE CERTIFICACIÓN:

Convocatoria A2, B1, B2.2, C1.2

 PUBLICACIÓN DE NOTAS:

 Os resultados da convocatoria extraordinaria publicaranse o vindeiro 28 de xuño ás 13.00 horas a través de Centrosnet.

REVISIÓN EXAMES

A1, B2.1, B2.1, B2.2, C1.1, C1.1:  28 xuño 17.00h na aula habitual de clase.

A2, B1: 28 xuño 19.00 na aula habitual de clase.

MATRÍCULA: PROBA DE CLASIFICACIÓN

Tes coñecementos previos do idioma que queres estudar na EOI e non sabes en que curso deberías comezar? Matricúlate na proba de clasificación do 18 de maio ao 7 de xuño. Preme aquí para consultar os detalles do procedemento de matrícula. As datas das probas de inglés son as seguintes:

- Proba escrita: 13 xuño 18.30.  Salón de actos da EOI de Pontevedra (A Xunqueira)

- Proba oral: 13 xuño 9.30.  Salón de actos da EOI de Pontevedra (A Xunqueira)

PROBAS CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO - XUÑO

Antes de vir á escola, consulte o protocolo de asistencia ás probas.

As probas dos niveis de certificación e dos cursos de promoción desenvolveranse nas seguintes datas:

Cursos de promoción: A1, B2.1, C1.1

Cursos de certificación: A2, B1, B2.2, C1.2

-  Convocatorias probas orais de certificación:  A2, B1, B2, C1

PUBLICACIÓN DE NOTAS

Poderá consultar as súas cualificacións dende esta mesma páxina a través da aplicación Centrosnet.

  • 3 de xuño ás 13.00 horas: Publicación notas - cursos de promoción
  • 15 de xuño ás 13.00 horas: Publicación notas - cursos de certificación

 REVISIÓN EXAMES

        - 3 de xuño:  A1: 20.00h (aula 3), B2.1: 17.00h (aula 4), C1.1: 17.00h (aula 5).

        - 15 de xuño:  A2: 18.00h (aula 2), B1: 18.30 (aula 2), B2.2: 17.00h (aulas 4-5), C1.2: 18.45h (aula 3).

Distribuir contido