PRAZAS VACANTES: CURSO 2022-23

Se aínda non reservaches a túa praza ou esqueciches formalizar a túa matrícula nos prazos anteriores agora tes a posibilidade de matricularte nas prazas vacantes da EOI. O prazo estará aberto ata o 15 de setembro. Segue os pasos que che resumimos a continuación: 

  • Consulta os grupos e horarios do curso 2022-23 e elixe o que máis se axuste á túa dispoñibilidade.
  • Escolle o tipo de curso no que te queres matricular e preme na ligazón correspondente:

SECCIÓN VALLE-INCLÁN:

  • Realiza o pagamento das taxas: resgardo do aboamento das taxas (modelo AI xerado electronicamente/ modelos 730 e 731). Instruccións pagamento telemático.
  • Sube a documentación requirida á mesma aplicación de matrícula.

Alumnado con diversidade funcional:

    • Achegar documentación acreditativa.
    • No caso de solicitar adaptacións, cubrir o Anexo V.

Alumnado menor de idade:

Formulario de autorización do uso da imaxe (alumnado maior de idade):

  • Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119 desde as 9.00 ás 14.00 horas.
  • Texto completoResolución do 25 de maio de 2022
  • NOTA: 

    • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
    • As probas da convocatoria ordinaria e extraordinaria poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
    • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.
AdxuntoTamaño
SECCIÓN VALLE INCLÁN oferta poster.pdf346.43 KB