Sección de Pontevedra (IES Valle-Inclán)

PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA: CURSO 2023-2024

Consulta toda a información sobre a preinscrición, admisión e matrícula para o vindeiro curso 2023-24.

Comproba a nosa oferta educativa na sección do Valle-Inclán para o vindeiro curso.

Se queres acceder a través dunha proba de clasificación (proba de nivel) podes ler máis premendo aquí.

IMPORTANTE!

Podes certificar o nivel B2 nun só curso académico matriculándote no grupo intensivo B2.1-B2.2.

Se non tes posibilidade de asistir ás clases presenciais, dispoñemos da modalidade a distancia mediante o programa That´s English!para os cursos A2 e B1.  Máis información sobre a matrícula na seguinte ligazón.

NOVIDADE!

Ofertamos dous cursos monográficos de 60 horas cada un:

Inglés para o medio forestal I (1º cuadrimestre) NIVEL A2-B1.  Martes e xoves 16.00-18.00.

O prazo de matrícula deste primeiro curso monográfico estará aberto do 3 de xullo ao 15 de setembro. Anímaste a matricularte? Preme na ligazón para saber máis. Impreso de matrícula dispoñible.

Inglés para o medio forestal II (2º cuadrimestre) NIVEL B1-B2.  Martes e xoves 16.30-18.30.

 

 

CALENDARIO PROBAS: CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

Xa está dispoñible para consulta o calendario de probas correspondente á convocatoria extraordinaria na sección do IES Valle-Inclán.

Convocatoria das probas orais de certificación:  A2, B1, B2, C1.

 

PROXECTO CONTACONTOS: ÚLTIMA ENTREGA

Esta é a última entrega do noso proxecto de contacontos desenvolvido pola sección do Valle-Inclán e o CEIP Xunqueira 2.  Agradecemos infinitamente aos/ás participantes de ambos centros polo seu entusiasmo, implicación e compromiso.  Agardamos que fora unha experiencia de aprendizaxe e interacción inesquecible para tod@s.  Sen vós non sería posible!

Graciñas por todo!

CALENDARIO PROBAS CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO-XUÑO

Podedes consultar o calendario das probas da convocatoria ordinaria na sección do Valle-Inclán.

As quendas das probas orais de certificación serán publicadas na web da sección, cando menos, con tres días de antelación con respecto á realización da proba.

Quendas probas orais certificación:

A2                                                                                                                             B1                                                                                                                                B2                                                                                                                           C1

VIDEO-PROXECTO "CONTACONTOS"

O pasado 15 de marzo recibimos unha visita moi especial na sección do Valle Inclán.  O alumnado de 3º de primaria do CEIP Xunqueira 2 agasallounos cunha sesión inesquecible de contacontos en inglés onde descubrimos historias marabillosas.  Parabéns a tod@s el@s pola súa magnífica actuación!  Agardamos poder repetir esta experiencia o vindeiro curso.

STORYTELLING: PART II

Velaquí a segunda entrega do noso proxecto de contacontos que se desenvolve en colaboración co CEIP Xunqueira 2. Parabéns ás alumnas participantes: Chus e Victoria (A2), Paula e María (C1.2-2)!

PROXECTO LECTOR: STORYTELLING

O alumnado da sección do Valle-Inclán está a colaborar nun Proxecto Lector que se desenvolve conxuntamente co CEIP Xunqueira II. Ao longo deste curso paritciparán na lectura de contos ao alumnado de Infantil e Primeira neste centro educativo. Velaquí os primeiros froitos desta inciativa. Parabéns ás persoas participantes nestas primeiras sesións polo magnífico resultado: Chus López, José Manuel Rey, María Alonso, Paula Regojo así como ás profesoras Elena Vázqe e Paula Monteagudo.

CALENDARIO PROBAS CONVOCATORIA ORDINARIA - SECCIÓN VALLE-INCLÁN

Consulta o calendario completo de realización das probas na convocatoria ordinaria para o curso académico 2023-24 na sección Valle-Inclán.

 

GAÑADOR@S DO CONCURSO SPOOKY STORY COMPETITION NA SECCIÓN DO VALLE-INCLÁN

Velaquí os relatos gañadores do noso concurso. 

1º premio: The Shadow Specter - Daniel Maigler Landín (C1.1)

2º premioThe Obituary - Lena González García (C1.1) e

                 Santa Compaña - Charo Conde Parada (A2)

3º premioDream - Nagai Rosales Cabaleiro (B2.2)

Accésit: Halloween - Lucita Rey Carbón (B1)

Parabéns a tod@s e grazas por compartir os vosos relatos connosco!

1ª XUNTANZA DE DELEGAD@S

O vindeiro martes 29 de novembro ás 19.30 horas terá lugar a primeira xuntanza de representantes do alumnado no salón de actos da Escola. Se es delegado/a non esquezas asistir e achegar suxestións de mellora!

Distribuir contido