PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA: CURSO 2023-2024

Consulta toda a información sobre a preinscrición, admisión e matrícula para o vindeiro curso 2023-24.

Comproba a nosa oferta educativa na sección do Valle-Inclán para o vindeiro curso.

Se queres acceder a través dunha proba de clasificación (proba de nivel) podes ler máis premendo aquí.

IMPORTANTE!

Podes certificar o nivel B2 nun só curso académico matriculándote no grupo intensivo B2.1-B2.2.

Se non tes posibilidade de asistir ás clases presenciais, dispoñemos da modalidade a distancia mediante o programa That´s English!para os cursos A2 e B1.  Máis información sobre a matrícula na seguinte ligazón.

NOVIDADE!

Ofertamos dous cursos monográficos de 60 horas cada un:

Inglés para o medio forestal I (1º cuadrimestre) NIVEL A2-B1.  Martes e xoves 16.00-18.00.

O prazo de matrícula deste primeiro curso monográfico estará aberto do 3 de xullo ao 15 de setembro. Anímaste a matricularte? Preme na ligazón para saber máis. Impreso de matrícula dispoñible.

Inglés para o medio forestal II (2º cuadrimestre) NIVEL B1-B2.  Martes e xoves 16.30-18.30.

 

 

AdxuntoTamaño
Oferta educativa poster.pdf10.35 MB
IMPRESO_MATRÍCULA_MONOGRÁFICOS_23-24_rellenable.pdf99.16 KB