VIDEO-PROXECTO "CONTACONTOS"

O pasado 15 de marzo recibimos unha visita moi especial na sección do Valle Inclán.  O alumnado de 3º de primaria do CEIP Xunqueira 2 agasallounos cunha sesión inesquecible de contacontos en inglés onde descubrimos historias marabillosas.  Parabéns a tod@s el@s pola súa magnífica actuación!  Agardamos poder repetir esta experiencia o vindeiro curso.