CONDICIÓNS DE ACCESO ÁS EOIs

Cómo acceder ás escolas oficais de idiomas: 

  • MENORES: Ter 16 anos ou cumprilos antes do 31 de decembro de 2023.
  • ALUMNOS DE SECUNDARIA: ter 14 anos ou cumprilos antes do 31 de decembro do 2023 sempre e cando vaia estudar un idioma distinto do cursado na ESO como 1ª lingua estranxeira.
  • ALUMNADO NOVO: deberá realizar preinscrición antes de matricularse.
  • PROFESORADO DE EOIS: non poderá matricularse no mesmo centro onde imparte docencia. Tampouco poderá estudar o mesmo idioma que imparte en ningunha EOI galega.
  • ACCESO A UN CURSO DISTINTO DO NIVEL BÁSICO A1:
      • Certificados da EOI de básico (A2), intermedio (B1 ou B2) e avanzado C1: dan acceso ao nivel B1,  B2, C1 e C2 respectivamente.
      • Expediente Académico ESO e FP: da acceso ao 2º curso do nivel Básico (A2) da primeira lingua estranxeira cursada na ESO ou FP.
      • Expediente Académico Bacharel: da acceso ao nivel B1 da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato.
      • Probas de clasificación: permiten o acceso a calquera nivel e curso.
      • Plans de estudos anteriores: consulte aquí as pasarelas que permiten acceso ao novo plan de estudos para o curso 22-23 de alumnos procedentes de plan de estudos anteriores.
      • Outras titulacións: Pode consultar as seguintes táboas de acceso directo por titulación segundo o idioma correspondente:

GALEGO (Os títulos, certificados e diplomas acreditativos de ter coñecementos de galego outorgarán acceso directo por titulación aos cursos que se indican no documento da ligazón)

ALEMÁN, FRANCÉS, INGLÉS, ITALIANO E PORTUGUÉS: (As titulacións ou certificados acreditativos de ter coñecementos dos idiomas citados darán acceso ao primeiro curso do nivel inmediatamente superior ao acreditado.