Sección de Pontevedra (IES Valle-Inclán)

REINICIO DAS CLASES DE B1

As clases de B1 retomaranse a partir do mércores 11 de maio no seu horario habitual.

XII CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO "EOI DE PONTEVEDRA"

O XII Certame de Microrrelato en galego "EOI de Pontevedra" desenvolverase na sección do Valle Inclán o martes 26 de abril ás 18.00 horas na aula tres.  Podedes consultar as bases do concurso nesta ligazón.

REINICIO DAS CLASES DE A2 E B1

A profesora Marta Iglesias reincorpórase ás súas clases hoxe luns 25 de abril.

RECOMENDACIÓNS PROTOCOLO COVID-19

AVISO Á COMUNIDADE EDUCATIVA

Desde o equipo directivo recoméndase seguir coas medidas de prevención da Covid-19 (mantemento da distancia de seguridade, hixienización de pupitres e uso da máscara no interior do centro).

 

PROBAS ESCRITAS - CERTIFICACIÓN NIVEIS B2 E C1 INGLÉS MAIO XUÑO

Consultade as datas das probas escritas de certificación dos niveis A2, B1, B2 e C1 de inglés correspondentes á convocatoria ordinaria de maio e xuño de 2022 recollidas na Circular 2/2022.

Bolsas e estudos postobrigatorios

O MEC ven de convocar as bolsas para estudos postobrigatorios para o vindeiro curso 2022-23. Aproveita esta oportunidade e recibirás unha axuda para cursar os teus estudos na Escola Oficial de Idiomas. Prazo aberto ata o 12 de maio.

Reinicio das clases de A2 e B1

A actividade lectiva dos niveis A2 e B1 retómase esta semana a partir do 4 de abril no seu horario habitual.

ENQUISA SOBRE O FUNCIONAMENTO DA ESCOLA

Como cada ano pedimos a vosa colaboración para completar a enquisa sobre o funcionamento da Escola. Animamos ao alumnado a que aproveite a ocasión para achegar as vosas suxestións e propostas de mellora. O formulario estará aberto ata o vindeiro 22 de marzo.

AXUDA: PERSOAS REFUXIADAS DE UCRAÍNA

A EOI de Pontevedra habilita un punto de entrega de material para as persoas refuxiadas diante da biblioteca da central na Xunqueira nas seguintes quendas:

  • XOVES 10 de marzo: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00
  • VENRES 11 de marzo: de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00
  • LUNS 14 de marzo: de 9:30 a 13:00

Prégase consultar a listaxe de produtos que se precisan co fin de optimizar os recursos.

 

MATRÍCULA CURSO INTENSIVO B2.2

Prazo de matrícula: do 31 de xaneiro ao 7 de febreiro ás 23.59h en Centrosnet.

Comezo das clases do segundo cuadrimestre do curso intensivo:  1 febreiro.

Consultade máis información sobre o procedemento.

Distribuir contido