Sección de Pontevedra. Información xeral

Localización: Gran Vía de Montero Rïos
Teléfono: 986 866 448
Correo electrónico: valle.eoipontevedra@gmail.com
Atención ao público: luns:17:30 -18:30

A Sección “IES Valle-Inclán” é un centro especializado no ensino de linguas estranxeiras coa súa sede na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Creada e autorizada a súa posta en funcionamento no ano 2008 xunto coas seccións de A Estrada e Lalín, é un centro público dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

Oferta educativa

Na sección IES Valle-Inclán impártese na actualidade o idioma inglés nos seguintes cursos e niveis:

  • Básico: A1 e A2
  • Intermedios: B1, B2.1 e B2.2
  • Avanzado: C1.1 e C1.2

Desde o ano 2010 impártense cursos de actualización lingüística e comunicativa (CALC) destinados á formación do profesorado que desexe impartir materias nunha lingua estranxeira en centros docentes públicos.