Actividades culturais

CHARLA VOLUNTARIADO MULTISPORT PONTEVEDRA 2019

O vindeiro martes 26 de febreiro ás 18.00 terá lugar no salón de actos unha charla sobre o campionato mundial de Tríatlon que terá lugar na cidade de Pontevedra no mes de abril co fin de compartir co alumnado da Escola os beneficios de ser voluntario/a de deportes no maior evento deportivo da  historia da nosa cidade.

CONCURSO DE VÍDEOS DA ESCOLA

Queres gañar unha cámara deportiva somerxible?Grava un vídeo de 1´de duración sobre o teu lugar favorito de Pontevedra ou vilas próximas na lingua que estudas na Escola. Consulta as bases!

 

CÁNTAMO... EN GALEGO: XOSÉ MANUEL BUDIÑO

Tes adiviñado o personaxe tras as pistas? Susana Pedreira, de Onda Cero, entrevistará a Xosé Manuel Budiño o vindeiro 6 de febreiro ás 17 na escola. Estades todos convidados!

CINEFORUM MATERLINGUA: LA LA LAND

Non perdas a oportunidade de ver o filme La La Land e participar no posterior debate cun nativo inglés o vindeiro 1 de febreiro ás 19.00. Gracias Materlingua!

MÚSICA E ONDA CERO NA ESCOLA

Adiviña que artista será entrevistado pola xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira, o vindeiro 6 de febreiro ás 17.00 h na Escola. Sigue as pistas que deixamos na entrada da Escola...

PROGRAMA PIALE

A profesora María Sola, xefa do Departamento de Portugués, realizou unha estadía na cidade de Porto como parte do Programa PIALE convocado pola Consellería de Educación. Co fin de compartir e diseminar a súa experiencia durante a fase de integración, velaquí vos deixamos as súas conclusións:

CONCERTO DE NADAL: MÉRCORES 19

Este novo ano o alumnado da Escola está de sorte: despois dun relanzo dun ano, a asociación de alumn@s e ex-alumn@s Materlingua volve á acción, ofertando actividades culturais de todo tipo. Desta volta, convídavos a asistir ao concerto da banda "Terapia de grupo" o vindeiro mércores 19 de decembro ás 19.30 h no salón de actos da Escola, despois do concurso de sobremesas.

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE SOBREMESAS

Parabéns aos gañadores/as do concurso e moitísimas gracias a todo o alumnado que participou nel! Tamén queremos agradecer á Asociación Materlingua por ter organizado o concerto a cargo da banda Terapia de Grupo.

 

CINEMA EN ITALIANO

O xoves 20 ás 17.00 e 19.00 e o venres 21 ás 10.00, tes pendente unha cita co cinema italiano: Poderás ver o filme "A casa tutti bene" de Gabriele Muccino.

CONTES EN FRANÇAIS

O Departamento de francés convídavos a gozar do seu repertorio de contos de Mountoumnjou o vindeiro xoves 21 de marzo ás 18.00 no salón de actos da Escola. A entrada é libre!

Distribuir contido