Actividades culturais

EXPERIENCIA EN OTTAWA - PROGRAMA PIALE

Compartimos a experiencia de intercambio de boas prácticas educativas da nosa compañeira e profesora do Departamento de inglés Coral Rodríguez correspondente ao Programa PIALE.
Premendo na presentación poderedes coñecer de primeira man as características do Instituo de adultos cadiense e as diferenzas principais dos distintos sistemas educativos.

ENQUISA SOBRE FUNCIONAMENTO DA ESCOLA

A túa opinión importa! Axúdanos a mellorar os nosos servizos respondendo esta enquisa sobre o funcionamento da Escola e non dubides en achegar as túas suxestións. O cuestionario estará aberto ata o vindeiro venres 28 de febreiro. Grazas pola túa colaboración.

MELLORANDO A PRÁCTICA DOCENTE: O CANADÁ

Comprácenos compartir con vós a experiencia de intercambio de boas prácticas docentes da nosa compañeira Marisol no Canadá, correspondente ao Programa PIALE 2019.


 

CITA A CEGAS NA BIBLIOTECA: ATRÉVESTE?

A EOI DE PONTEVEDRA NAS ONDAS


 

VIAXE A DINAMARCA E SUECIA

Queres vivir unha experiencia única?

Bota unha ollada á información do anuncio ou pide unha copia na conserxaría na que poderás revisar o itinerario e as condicións da viaxe.

Reserva a túa praza antes do 7 de febreiro!

Experiencia PIALE- Amiens 2019

O profesorado da EOI de Pontevedra participa activamente en itinerarios formativos intensivos que revitalicenaspectos lingüísticos xa adquiridos. Ao abeiro do Programa PIALE, os/as nosos/as compañeiros/as tiveron ocasión de afondar na didáctica do ensino do idioma e avanzar na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior. Bota unha ollada á experiencia en Amiens - Francia da nosa compañeira Mila:

EXPERIENCIAS DE INTERNACIONALIZACIÓN

O profesorado da EOI de Pontevedra participa activamente en itinerarios formativos intensivos que revitalicen e potencien contidos e aspectos lingüísticos xa adquiridos. Ao abeiro do Programa PIALE, os/as nosos/as compañeiros/as tiveron ocasión de afondar na didáctica do ensino do idioma e avanzar na consolidación e adquisición de niveis de competencia lingüística superior.

Bota unha ollada á experiencia en Amiens - Francia da nosa compañeira Mila:

FESTIVAL DE INVERNO

Xa non queda nada para o evento que pecha o ano na EOI de Pontevedra. Agardámoste o vindeiro 19 de decembro ás 19.30 h para dar a benvida ás merecidas vacacións de Nadal e despedir o trimestre como se merece. Haberá música, doces e agasallos. Non faltes!

CINE EN ITALIANO

O departamento de italiano da escola convídavos a desfrutar do cine en versión orixinal. A risa será a protagonista!

 

Distribuir contido