Actividades culturais

VÍDEOS "COÑECE PONTEVEDRA"

Orgullosos dos vídeos elaborados polo noso alumnado promocionando Pontevedra co gallo do ITU Multisport 2019: proxectos reais, mediación cultural e deporte. Parabéns a todos os/as participantes!

CICLO DE CINEMA NA ESCOLA

A Escola inaugura o seu xa tradicional Ciclo de Cinema, desta volta cunha escolma de filmes emocionais que che farán gozar e sentirte mellor por dentro.

 

BRITISH FOOD: IS IT YOUR CUP OF TEA?

Non perdas a oportunidade de asistir a unha amena e interesante charla da editorial Oxford sobre a comida no Reino Unido o vindeiro mércores 10 de abril ás 16.30 no salón de actos da Escola. A entrada é libre. Convida ás túas amizades!    

DÍA DA POESÍA

O alumnado da Escola xa deixou os seus poemas no taboleiro da entrada. Bota unha ollada!

 

CONTES EN FRANÇAIS

O Departamento de francés convídavos a gozar do seu repertorio de contos de Mountoumnjou o vindeiro xoves 21 de marzo ás 18.00 no salón de actos da Escola. A entrada é libre!

LEDICIA COSTAS NA ESCOLA

O vindeiro mércores 27 de marzo ás 19h teremos un encontro coa escritora galega Ledicia Costas, premio nacional de literatura, e cuxa obra está traducida a 7 idiomas polo de agora, pero nos vindeiros meses serán máis. Convidámoste a vir coas túas amizades, pois é unha figura literaria a nivel internacional.
 

CLASES DE CONVERSA CON ROSS

Comunicamos que as clases de conversa con Ross teñen rematado para o presente curso académico. Graciñas a todos os que tivestes participado na actividade.

CONFERENCIA CINEMA ITALIANO

Non perdas a oportunidade de asistir ao seminario sobre o cinema italiano do Século XX da man de Simone Negrín o vindeiro luns 25 de marzo ás 18.30 horas. A entrada é libre. Convida ás túas amizades!

VINDEIRA CITA CON "VeO ciNE"

 

A asociación de alumnos Materlingua convida aos seus socios a unha proxección da película francesa La Villa o vindeiro xoves 28 de febeiro ás 20.00 no salón de actos da escola. Non a perdas! Pon á proba as túas destrezas auditivas!

O ENTROIDO TRADICIONAL EN GALIZA E EUROPA

 

O vindeiro xoves 21 de febreiro no salón de actos da Escola ás 19.00 h teremos ocasión de asistir a unha interesantísima charla sobre o Entroido tradicional galego e europeo. O antropólogo Xosé Ramón Mariño Ferro descubriranos os significados das tradicións asociadas a esta festividade
Distribuir contido