Actividades culturais

GALAICOS: UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS

O EDLG e Departamento de Galego organizan unha visita guiada á interesantísima exposición sobre a evolución que se produce en Galicia durante un longo período de 2000 anos. Bule e non perdas a túa praza. Inscricións limitadas no departamento de galego (galego.eoipontevedra@gmail.com) ou na conserxaría da EOI ata o 6 de decembro ás 20.00h.

As persoas anotadas quedamos o martes 10 de decembro ás 18.00 h no vestíbulo do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Apunta a cita e non faltes!

 

CONCURSO DE SOBREMESAS

Consulta toda a información relativa ás bases do concurso,  1º premio e accesit.

GUÍA DA SALA CASTELAO

O pasado sábado 23 de novembro ás 12.00 h presentamos no Museo de Pontevedra a "Guía da Sala Castelao" elaborada polo alumnado de galego da EOI de Pontevedra. Animádevos a visitar a Sala Castelao consultando a guía en formato dixital a través desta ligazón: https://guiacastelao.home.blog/

Esperamos que vos resulte de utilidade para afondar na vida e a obra deste persoeiro fundamental da historia contemporánea de Galicia.

CONSORCIO EOIs SOBRE "BLENDED LEARNING"

Proxecto europeo sobre metodoloxía "Blended learning".

OBRADOIRO DE GNOCCHI

O departamento de italiano convídate a un obradoiro de gnocchi. Anímaste?

VOCES PARA CANTAR A LINGUA

30 JAHRE MAUERFALL

MONÓLOGOS E HUMOR CON LOIS PÉREZ

Monólogos, poesía e humor da man de Lois Pérez, premio de poesía aRi(t)mar 2018. O vindeiro 14 de outubro ás 19.00 no salón de actos da EOI de Pontevedra.

VIAGEM A PORTUGUAL

CÓLLELLE GUSTO Á LECTURA!

Esta semana co gallo do Día da Biblioteca Escolar temos organizadas unhas Xornadas de Portas Abertas e se levas un libro prestado, agasallarémoste cunha lambonada para que lle collas o "gusto" á lectura.

Distribuir contido