GALAICOS: UN POBO ENTRE DOUS MUNDOS

O EDLG e Departamento de Galego organizan unha visita guiada á interesantísima exposición sobre a evolución que se produce en Galicia durante un longo período de 2000 anos. Bule e non perdas a túa praza. Inscricións limitadas no departamento de galego (galego.eoipontevedra@gmail.com) ou na conserxaría da EOI ata o 6 de decembro ás 20.00h.

As persoas anotadas quedamos o martes 10 de decembro ás 18.00 h no vestíbulo do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Apunta a cita e non faltes!