Actividades culturais

CONCURSO DE SOBREMESAS

Este ano volvemos celebrar a chegada do Nadal co noso tradicional concurso de sobremesas. Non perdas a oportunidade de gañar unhas cestas ben xeitosas de produtos típicos destas festas. Consulta as BASES DO CONCURSO e participa!

 

Buono a sapersi!

Conferencia sobre a gastronomía italiana. Parabéns ao Departamento de italiano por esta iniciativa!

CAFÉ CON LETRAS

Comezamos unha nova edición do Café con Letras durante os meses de novembro e decembro. Lecturas compartidas nun espazo cultural e de lecer: a nosa biblioteca.

LECTURA E TERROR

O equipo da biblioteca convítate a gozar dunha escolma de libros de terror nas distintas linguas da Escola. Non perdas a oportunidade de levar para a casa unha destas terroríficas obras!

CLUBS DE LECTURA

E ti, que club de lectura vas escoller este curso? Inglés, italiano ou portugués? Preme nos enlaces e accede a toda a información. Participa da lectura e millora as tuas habilidades lingüísticas!

 

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Gústache a biblioteca e queres colaborar con nós na súa xestión e dinamización? Apúntate ao Programa de voluntariado! Cumprimenta e achega a solicitude na conserxaría da Escola do 22 de outubro ao 7 de novembro.

VENDIMA, APERITIVO E CRÊPES

O alumnado de francés traballou sobre a importancia da vendima e a tradición do aperitivo en Francia. Ademais tiveron a sorte de degustar unhas deliciosas crêpes preparadas de xeito artesanal. Bota unha ollada:

DEGUSTACIÓN DE CRÊPES DA BRETAÑA

 Quedas convidade á degustación das Crêpes da Bretaña o vindeiro xoves 9 de maio de 17.00 - 20.00 horas. Segue as instruccións do teu profesor/a e desfruta deste doce tradicional francés preparado polo chef Jérémy Thomas.

"CON CALMA" - 15´ DE RELAXACIÓN

Na EOI de Pontevedra queremos que chegues aos exames de xuño nas mellores condicións. Por iso temos preparado un espazo de relaxación no corredor da Escola para que liberes o estrés e conectes o teu corpo e mente. Só precisas 15 minutos, lembra: "Un estudante san, un mellor estudante"

25 DE ABRIL SEMPRE

O departamento de italiano e portugués convídante a celebrar o 25 de abril cun programa do máis variado: obradoiros de cociña, merenda, concurso e concerto de Xoán Curiel. Non o podes perder! Consulta o programa de portugués.e o programa de italiano.

Distribuir contido