Actividades culturais

CLUBS DE LECTURA: ITALIANO E INGLÉS

Se queres atopar un espazo de lecer onde compartir lecturas e practicar unha lingua estranxeira esta é a túa oportunidade! Inscríbete no club de lectura de italiano ou inglés.

PROGRAMA DE VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA

Gustaríache ser voluntario na nosa biblioteca? Terás que adicar unha hora semanal a traballar nela e nós formarémoste en catalogación de fondos, servizo de empréstito e dinamización. Recibirás un certificado da Consellería de Educación! Amosa o teu lado solidario e entrega a solicitude na conserxaría antes do 19 de outubro.

OBRADOIRO DE CAMISETAS

Velaquí vos deixamos as fotos correspondentes ao obradoiro de camisetas dos clubes de leitura. Un tempo de lecer e creatividade en torno ao lema das bibliotecas escolares: territorio das artes" e un espazo aberto para  traballar de xeito transversal de traballar co alumnado das distintas linguas da Escola.

DEBATE CLUBS DE LECTURA

Despois de ler a obra de Chimamanda Ngozi Adichie, os membros dos clubes de leitura de inglés, italiano e portugués reúnense para debater sobre o feminismo na obra de Adichie cunha moderadora moi especial: a escritora e poeta galega Susana Sánchez Aríns:

DESPEDIMOS O FESTIVAL DA LINGUA

Velaquí vos deixamos unha mostra da xornada onde se rendiu homenaxe á figura de Carlos Casares e a fíxose entrega dos premios do Certame de Micro-Relato en galego. Moitas grazas aos compoñentes do grupo Migallas por amenizar a festa!

 

O ÉXITO DA ALTA COSTURA QUEDOU PATENTE

Grazas a tod@s por ter participado neste relatorio, en especial á nosa lectora Marie-Estelle Boulon, encargada de desenvolver a actividade colaborando co equipo da biblioteca no seu lema "Territorio das artes".

VOTA POLA MELLOR CANCIÓN PORTUGUESA!

O departamento de portugués da EOI de Santiago convídate a participar no Certame "A Ritmar"para escoller a mellor canción portuguesa do 2016. Podes votar pola que máis che guste ata o 20 de marzo nesta ligazón en versión completa ou nesta outra en versión reducida.

 

CONTES DE LA SAVANE

O departamento de francés convídate a participar nunha actividade diferente para aprender: Contes de la savane, por Samuel Mountoumnjou. O vindeiro 14 de marzo ás 18.30 horas.

 

MANUALE RAPIDO DELLA CANZONE ITALIANA

Convidámoste a asistir á actividade "Manuale rapido della canzone italiana" presentado por Simone Negrin o vindeiro 8 de marzo de ás 18.00 no salón de actos da Escola.

A BANDA DESEÑADA NA ESCOLA

Se es un amante da literatura de imaxe ou tes curiosidade por este xénero visita o "Canto ilustrado" da nosa biblioteca. Atoparás unha sección especial con banda deseñada en todas as linguas da escola! Maus, Persepole, Corto Maltese, Tin Tin... escolle o teu favorito!

Distribuir contido