DATAS DO CURSO: de febreiro a maio de 2021
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: desde o día 5 ata o 15 de xaneiro de 2021
Acceda á RESOLUCIÓN da convocatoria de cursos Celga no DOG do 12 de agosto de 2020.
As persoas que desexen participar no curso deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo:
www.eoidigital.com/preinslinguagalega
Se un curso ten un número de solicitantes que cumpran os requisitos maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo seguindo o proceso que se detalla no punto terceiro da resolución.
As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, (ver punto cuarto da resolución) o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da escola onde foi admitido a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro desta resolución no prazo establecido no punto cuarto.
Consulte a Programación didáctica de Galego do curso 2020-2021.
Consulte os calendarios de traballo dos cursos de Galego:
- Nivel A2
- Nivel B1
- Nivel B2
- Nivel C1
- Nivel C2
DATAS DOS CURSOS: de febreiro a maio de 2021
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: desde o día 5 ata o 15 de xaneiro de 2021
Acceda á RESOLUCIÓN da convocatoria de cursos Celga no DOG do 12 de agosto de 2020.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo:
www.eoidigital.com/preinslinguagalega
As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, (ver punto cuarto da resolución) o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da escola onde foi admitido a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro desta resolución no prazo establecido no punto cuarto.
Se naciches en Galicia ou xa levas anos vivindo aquí, pero aínda non falas en galego porque pensas que non sabes, non te preocupes. Fai esta proba e verás que non che vai ser tan difícil como cres: "Gustaríache falar en galego..."
Descargue o tríptico: "Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego?"
Consulte o currículo das ensinanzas de idiomas.
Consulte a "Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga", realizada no ano 2012 pola Coordinadora de Traballadores/as da Normalización da Lingua.
Queres comprobar dunha forma rápida como andas de nivel de galego? Pois indica cal é a palabra galega que equivale a cada unha das seguintes:
vertido ………………… ________________________
suministro ………….. ________________________
inconveniente ……. ________________________
marejada ……………. ________________________
zona urbana ………. ________________________
judías verdes …….. _________________________
cortafuegos ………. _________________________
tacita de café ……. _________________________
mi lavavajillas …… _________________________
cookies …………….. _________________________
Agora preme aquí para ver as palabras galegas.