MATRÍCULA

A matrícula realizarase en liña e formalizarase na secretaría da EOI de Pontevedra entregando a documentación requirida xunto co resgardo xerado pola aplicación. O alumnado oficial matriculado durante o curso 2017-2018 deberá matricularse sen necesidade de facer preinscrición.

1. LIGAZÓN DE MATRÍCULA: https://www.informaticacentros.com/xunta/

2. COMO ACCEDER Á APLICACIÓN

  • Usuario:
    • ALUMNADO ANTIGO: número de expediente ou data de nacemento nestes formatos: 08/10/2012; 08-10-2012
    • ALUMNADO NOVO: data de nacemento no nestes formatos: 08/10/2012; 08-10-2012
  • Contrasinal: DNI sen letra

3. PRAZOS DE MATRÍCULA

    • ORDINARIA: do 2 o 10 de xullo
      • Alumnado oficial apto en xuño de 2018.
      • Alumnado apto en That´s English na convocatoria de xuño de 2018.
    • EXTRAORDINARIA:
      • Alumnado apto en xuño que non formalizase a súa matrícula no prazo anterior:  do 3 ao 10 de setembro
      • Alumnado oficial e alumnado de That´s English apto, non apto ou non presentado en setembro. do 10 ao 14 de setembro.
      • Alumnado de novo acceso que obtivese praza na adxudicación do 17 de setembro: do 18 ao 28 de setembro ás 12.00h.
    • ÚLTIMAS VACANTES: se despois do 28 de setembro aínda quedasen prazas vacantes, a EOI publicaráas xunto co procedemento para a súa adxudicación e posterior matrícula ata o 11 de outubro.

5. GUÍA DA APLICACIÓN DE MATRÍCULA.

6. IMPORTANTE:

  • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
  • As probas de febreiro, xuño e setembro poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
  • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida na secretaría do centro, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.
  • O alumnado inscrito nas sección formalizará a matrícula na propia sección, agás os inscritos no Valle-Inclán, que acudirán á secretaría da EOI central.