Skip to Content

4º Infantil, Plan Proxecta, 6º Infantil

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Os alumnos de Infantil fixeron este mural para o día da muller traballadora reflexando o papel que fan as súas nais no día a día.

FANTÁSTICO!

As froitas son protagonistas no entroido

Os alumnos de Infantil disfrutaron durante toda a semana  facendo caretas divertidas ....

Así quedou o noso traballo... !

Namórate do cole de Cea

Os alumnos de Infantil fixeron uns corazóns chulísimos para celebrar o día de San Valentin.

O Entroido é Carnaval - O Vídeo

Os instrumentos de percusión de metal

Vimos de pasar un entroido moi musical onde o alumnado do noso centro tivo oportunidade de vivir dende dentro unha experiencia moi similar á do carnaval do Brasil. Construímos uns tambores con latas e unhas maracas con botellas de plástico. Descubrimos os sons agochados nos obxectos cotiáns. E na aula de música a experiencia continúa nas clases de infantil, explorando os instrumentos escolares de pequena percusión. Hoxe foi a quenda dos instrumentos de metal coas súas particularidades, como a do prato, o campión da duración; a pandeireta, que é de dúas familias; os cascabeis, co seu son que nos lembra ás panxoliñas de nadal ou o agogó, que nos lembrou ao ritmo de "quero pan con marmelada". Velaquí unha composición fotográfica.

A grande festa do Entroido

E por fin chegou o grande día. Todo o traballo das familias cosendo os disfraces e buscando latas sobre as que percutir. As nenas e nenos ensaiando, construíndo e decorando as baquetas. Todo o profesorado implicado na decoración, vestimentas, ensaios e organización. Todo elo para poder pasar unha tarde feliz ao son da música e gozando do espírito máis entroideiro. Velaquí unha boa mostra delo, unha galería de imaxes que testemuñan un día de celebración e cor.

 

O INVERNO NA AULA DE 5º DE INFANTIL

Os alumnos de 5º de Infantil decoraron a súa aula e elaboraron está fantástica árbore que quedou así...

O INVERNO

Os alumnos de 6º de Infantil disfrutaron facendo o seu mural de inverno .

Entre todos fixeron esta cousa bonita

O Entroido é o Carnaval

O Entroido é Carnaval é o lema da festa deste ano no noso centro. Como xa saberedes o Entroido é a entrada na primavera, o renacer da vexetación e tamén o principio da cuaresma cristiana. O Carnaval ven do latín carne levare é dicir, o comezo da época na que non se pode comer carne. Coa celebración deste ano queremos tender unha ponte entre o Entroido tradicional galego e o Carnaval máis famoso do mundo, o Brasileiro. Este vernes 28 ás 15:45h faremos unha batucada escolar que levamos traballando durante dúas semanas. O alumnado construiu maracas, tambores e baquetas con material de refugallo. Coa axuda dos PerQtores de Seixalbo faremos retumbar os cimentos do cole cos nosos ritmos. Queredes ensaiar na casa? Aquí tedes os ritmos. E tamén unha galería do xoves no recreo seguindo as ordes da Meca para vir disfrazados de profesións.

 

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ...A MECA MANDA VIR ASÍ...

O Entroido chegou ao cole de Cea, e todos nós educadamente faremos o que a MECA nos ordea

 

Hoxe luns, como "ANIMAIS" ruximos.

Mañá martes con "DEPORTES" saltaremos.

O mércores ... xa veremos!

Distribuir contido


by Dr. Radut