Skip to Content

contador gratis para blog

4º Infantil, Plan Proxecta, 6º Infantil

Exposición Libros Antigos na Biblioteca

 

Este ano inagúrase no colexio de Cea unha exposición de libros antigos. A idea partiu do E.D.L. e conta coa colaboración de toda a comunidade escolar. Os exemplares estan expostos na sala” A” da biblioteca do centro. Hai uns 100 exemplares de distintas linguas, edicións etc. O libro mais antigo, de data 1740 titulase “Diferencia entre lo temporal y lo eterno” de Juan Eufebio Nieremberg, dedicado á Virxe María e escrito en castelán antigo. Entre as páxinas dalgúns libros encontráronse cartas de 1915 e unha rifa dun sorteo do ano 1865. Tamén se encontraron libros en Portugués como por exemplo “Os Thibault” que foi escrito por Roger Martin Du Gard que recibiu un premio nobel. En galego hai exemplares como “Memorias dun neno labrego” de “Xose Neira Vilas”. En latín hai varios como por exemplo “Breviarium Romanum”, tamén topamos un exemplar de “Embriología Sagrada” do 1848. Tamen apareceu un xornal “La Región” do sábado 20 de maio de 1967, en aqueles tempos o xornal tan só costaba 2 pesetas. A temática da maioría dos libros e relixiosa, tamén atopamos un libro de cociña. Os libros máis antigos hai que tratalos con moita delicadeza e para iso usamos luvas.

Visita a galería de imaxes.

Pablo Otero Rozas e Gisela Panadeiros Rodríguez

 

CONTO CONTIGO

Remata o segundo curso escolar deste proxecto levado a cabo no noso centro. CONTO CONTIGO segue unha liña pedagóxica que pon ao alumnado no centro do proceso de aprendizaxe. Traballamos por Competencias Básicas o que significa que non abonda con saber se non que o importante é saber facer. O proxecto incide maiormente na Competencia Lingüística tanto dende o punto de vista de falar como de escoitar. A través da representación de contos, clásicos e modernos, o alumnado enfróntase ao reto de articular, expresar e entonar axeitadamente un texto para facelo non só comprensivo se non tamén atractivo para os seus compañeiros. Ao mesmo tempo deben de ser quen de traballar con autonomía e seguridade na posta en escea, aportando tamén os seus valores creativos en todo o proceso previo, tanto na escenografía coma na caracterización e dramatización do texto. O uso de medios tecnolóxicos que lles permitan reforzar esta representación dos textos infantís obrígalles tamén a ser competentes dixitalmente. Pero non só adquire competencias o alumnado que, por quendas mensuais, representa para os seus compañeiros do centro. Tamén aqueles que asisten como espectadores aprenden a valorar o esforzo colectivo dos demais e o gusto polo traballo ben feito. Ao tempo manteñen unha actitude atenta e respectuosa durante as representacións así como traballan a comprensión lingüística de forma oral. Velaquí un exemplo do bon facer acumulado nestes dous anos: o alumnado de Infantil representa o conto clásico A Ratiña Presumida na derradeira quenda de representacións deste curso 2013/2014.

VÍDEO DAS FROITAS DIVERTIDAS

Neste vídeo podemos ver como os alumnos de Infantil debuxaron as súas froitas divertidas.

 

 

 

A CEREIXA E O CEREIXO

 

 Este e o debuxo gañador que aparecerá como logo do noso grupo Alimenta-T-Ben.

 

AS FROITAS DIVERTIDAS!

 

 Os alumnos de Infantil debuxaron estas froitas divertidas empregando as tics.

Unha destas froitas será a elexida como logo do noso grupo Alimenta-T- Ben.

Cal será a gañadora?

Felicidades a todos os alumnos por facelo tan ben! 

 

FLORES E CORES EN PRIMAVERA

Os alumnos de Infantil e as súas profes adornaron as aulas e o edificio de Infantil con flores e moitas cores para dar a benvida a primavera.

PRIMAVERA !

Os alumnos de 3 anos reciben a primavera así de guapos.

LETRAS GALEGAS 2014

Na vindeira semana conmemoraremos as "Letras Galegas 2014", que como xa sabedes, celébranse o 17 de maio (sábado). Este ano adícase a Xosé María Díaz Castro.

A PRIMAVERA

 

A primavera chegou, as flores xa enchen os campos de cores, todo está moi verde e os paxariños cantan ...na nosa clase tamén é primavera.

 

Viaxamos... en tren

Xa comezou o terceiro trimestre no CPI Virxe da Saleta. A volta das vacacións de Semana Santa non puido ser máis activa. Na Etapa de Educación Infantil comezou un novo proxecto trimestral que dá continuídade á programación iniciada o ano pasado na que se aposta por adicar os últimos meses de cada curso a un proxecto propio programado polo profesorado da Etapa especialmente para o noso alumnado. Viaxamos e comunicámonos é o nome do proxecto e o eixo vertebrador dos contidos. Despois da visita que realizaron á oficina de correos tocoulle a quenda ao tren. O mércores 23 de abril as nenas e nenos viaxaron en tren dende O Carballiño ata a estación de Ourense para visitar despois o Parque de Carrileiros de Foula. Entre a galería de imaxes e máis o vídeo podédevos facer unha idea do gratificante e estimulante que foi esta experiencia de aprendizaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut