Skip to Content

Samaín Creativo

Samaín Creativo

Bases dos concursos

Concurso de Disfraces
O mércores 30 de outubro.
Categorías:
Infantil. Mellor Disfraz
1º, 2º e 3º de Primaria. Mellor Disfraz
4º, 5º e 6º de Primaria. Mellor Disfraz
Secundaria. Mellor Disfraz
Participación individual.

O disfraz farase exclusivamente empregando materiais reutilizados ou reciclados.

Os premios entregaranse o día do Magosto.

Concurso de Banda Deseñada
Categorías:
Infantil. Mellor Debuxo
Primaria. Mellor Banda Deseñada
Secundaria. Mellor Banda Deseñada
Pódese participar individualmente ou en grupos de ata tres persoas.
O prazo está aberto até o 30 de novembro.
A Banda Deseñada debe ter un tema relacionado co SAMAÍN, o misterio, o medo, ou temas semellantes.
O formato da banda deseñada será o seguinte:
Extensión: de 1 a 4 páxinas, tamaño A4 ou proporcional.
Técnica: libre, sobre papel de debuxo (non folios), tendo en conta que debe permitir a súa lexibilidade, reprodución e impresión.
Os traballos irán acompañados dunha folla de texto onde aparezan os datos dos autores e o título da obra.
Os traballos serán entregados ao titor/a ou a membros do E.D.L.
Os traballos serán valorados por un xurado que decidirá os gañadores.
Non se admitirán obras que non sexan orixinais.
As BDs que cumpran os requisitos de participación exporanse e/ou publicaranse no lugar e data por determinar.
Os premios entregaranse o día do Festival de Nadal.

 

O Cole de Cea: Cole polo Clima

ADHESIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO CPI VIRXE DA SALETA Á DECLARACIÓN ESCOLAR DE EMERXENCIA CLIMÁTICA CONSTITUÍNDOSE COMO CENTRO EDUCATIVO POLO CLIMA

 O Consello Escolar do CPI Virxe da Saleta, máximo órgano de representación e participación da comunidade educativa, recoñece que o noso Planeta, a súa atmosfera, a súa hidrosfera, os seus seres vivos, os ecosistemas, os recursos naturais e as sociedades que nos apoiamos neles están en seria situación de alteración, degradación, desaparición ou colapso.

 Facémonos eco das insistentes declaracións das organizacións científicas, sociais e políticas internacionais (IPBES, IPCC, ONU, Unión Europea...) que reclaman a urxencia dun cambio drástico nas formas de organizar a nosa sociedade e empregar recursos. Non cambiar o rumbo supón a extinción de boa parte dos ecosistemas terrestres e a alteración dos mariños. Un millón de especies están ameazadas pola actividade humana. Tamén estamos a piques de chegar ao punto de non retorno fronte ao  cambio climático, o esgotamento dos recursos de enerxía fósil e mineral, terra fértil e acuíferos.

 Entendemos que non responder con urxencia á crise ecolóxica global pode levar a unha redución demográfica traumática, ao grave deterioro das normas de benestar humano e á extinción insubstituíble das especies esenciais para a vida na Terra. Ningunha sociedade pode escapar desta realidade.

 Este Consello Escolar toma conciencia da gravidade da situación e declara a súa firme determinación de desenvolver e consolidar, a partir do curso actual, medidas concretas para reducir as emisións no campo da vida escolar, a pegada ambiental nas compras e consumo no Centro e na acción e formación da comunidade escolar (familias, alumnado e profesorado), co fin de responder dun xeito real e significativo á emerxencia climática, na escala que nos corresponda.

 Como xeito de selar formalmente esta adhesión, este Consello Escolar declara o CPI Virxe da Saleta como Centro Educativo polo Clima.

 En, Cea o 30 de setembro de 2019.

Manifesto polo Clima

 

Velaquí o manifesto polo clima elaborado polo alunado de 4º da ESO co gallo da celebración, o 27 de setembro en todo o mundo, da Semana polo Clima. Este manifesto toma prestados parágrafos do manifesto do Movemento Galego polo Clima.

Medran as plantas, os ríos se chove, os días no verao, os tomates da horta -ás veces-, a masa do pan...
Medramos tamén as crianzas.
E medraron tamén os que nos venderon aquilo que non precisabamos: cereixas no inverno,
casa fría no verao, coches, máis coches, un teléfono móbil cada ano, comidas exóticas no súper, roupa, moita roupa… e nada chegaba.
Algunhas empresas eran donas do mundo, do planeta enteiro. A custa dos pobos e do noso futuro. E iso, seica, era crecemento económico.
E os estudos científicos avisaron: dos gases efecto invernadoiro, do quecemento do planeta, do esgotamento de recursos, das consecuencias do modelo CONSUME, CONSUME; CONSUME!
De que a nosa supervivencia (a dos seres humanos) na Terra estaba en perigo.
E nada se fixo.
En Galiza, o incremento da temperatura global está a provocar a desaparición de especies animais e de plantas autóctonas.
Nas nosas rías hai actualmente milleiros de toneladas de auga máis, por iso nos afectan máis as mareas e tas tormentas. O crecemento do nivel do mar asociado ao aumento da temperatura fará que parte das cidades de A Coruña, Vigo, Ferrol e Pontevedra fiquen inundadas de xeito permanente pola auga do mar. Outro tanto vai suceder coa maioría das vilas (Betanzos, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Cangas, ..) situadas no litoral galego.
Vemos ademais despropósitos ambientais que agravan a situación de emerxencia climática como os monocultivos de eucaliptos, políticas agrarias que favorecen a contaminación,
proxectos de megaminaría, contaminación por plásticos dos nosos territorios e alimentos…
Vémolo aquí, ao noso lado.
Por iso sumámonos á declaración de emerxencia climática e reclamamos o noso futuro.
Reclamamos tamén o compromiso dos gobernos e das escolas.
Porque queremos ver medrar a masa do pan e os días no verao.
Queremos futuro.

Fondo libros definitivo ESO. Curso 2019-20

Descarga aquí o listado de libros da ESO. Curso 2019-20

Lista definitiva Libros ESO

LISTAXE DEFINITIVA FONDO LIBROS PRIMARIA CURSO 2019-2020

Xa podedes consultar as listaxes de finitivas de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto en Educación Primaria, para o videiro curso 2019-2020, no taboleiro do centro. Nestas listaxes se especifican os libros asignados por alumno/a.

Podedes descargar as listaxes nas seguintes ligazóns.

Fondo Libros definitiva Primaria - admitidos

Fondo Libros definitiva Primaria - excluidos

 

Para Educación Secundaria, as listaxes serán publicadas unha vez pasados os exames de setembro.

 

Lembramos que se poden recoller os vales de axudas de libros e material na secretaría do centro, ata o 12 de xullo, ou en setembro.

LISTAXES PROVISIONAIS FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2019-2020

Xa se poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2019-2020.

Polo momento solo se lista o número de libros concedidos a cada solicitante. A vindeira semana publicarase o reparto definitivo para educacion primaria, coa asiganción de libros por alumno.

 Nas seguintes ligazóns tedes toda a información.

Admitidos PRIMARIA

Excluidos PRIMARIA

Admitios ESO

Excluidos ESO

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-2020

Libros de texto para o curso 2019-2020.

IMPORTANTE: HOUBO UNHA MODIFICACIÓN NAS LISTAS DE PRIMARIA. SUPRIMIUSE O LIBRO DE VALORES SOCIAIS E CÍVICOS EN TODOS OS CURSOS.

Pódense descargar nas seguintes ligazóns.

Libros educación infantil.

Libros educación primaria

Libros educación secundaria.

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICION DE LIBORS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2019/2020

Convocado o Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para adquisición de libros e material escolar para o curso 2019/2020.

A continuación tedes a información correspondente a esta convocatoria.

Podedes descargar o Anexo I e II na seguinte ligazón

ANEXO I e II

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2019-2020

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2019/2020

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2019-2020

Publicada a LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2019-2020

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut