Skip to Content

contador gratis para blog

Blogues

Representantes escollidos para o Consello Escolar

Estimadas familias:

Como ben sabedes este curso realizouse a renovación parcial dos integrantes do Consello Escolar.

No documento adxunto tedes a relación de representantes escollidos.

Gracias pola vosa participación no proceso de renovación do Consello Escolar.

PLAN DE ADAPTACIÓN PROTOCOLO COVID-19. Versión 8

Ultimos retoques do plan. Para facilitar a visualización os cambios irán en cor diferente.

As últimas modificacións están en cor azul ao final do documento. 

 

SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias,

Saiu  publicada a orde para a distribución de máscaras entre o alumnado.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_gl.pdf

O prazo de solicitude é do 15 ao 26 de novembro, unicamente de forma presencial no centro educativo.

A) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 B) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. 

 

Aquí poden atopar o ANEXO I e ANEXO II 

Queremos ser o teu COLE!!

Menú Escolar NOVEMBRO 2021

ABRE A BIBLIOTECA!!!

O próximo 25 de outubro abrimos as portas da vosa biblioteca escolar.

Por mor da covid non poderemos festexalo como nos gustaría: conxuntamente; así que iredes vindo consonte o horario estabelecido en cada grupo.           

                                 

En Primaria retomamos as "mochilas viaxeiras", que entregaremos en cada aula ao longo de semana, para que gocedes nas vosas casas de lecturas e filmes no tempo de lecer en familia.

Ao tempo, reactivamos o "pasaporte lector", que premiará as vosas lecturas cun pequeno agasallo.

Abrimos nesta data para coincidirmos (case, fallounos o festivo dominical, ui!) o Día das Bibliotecas, que se conmemora cada ano o 24 de outubro desde 1997, data da tráxica historia acontecida á biblioteca de Saraxevo durante a guerra dos Balcáns. Os esforzos por recuperar os restos da desfeita poden coñecerse nesta reportaxe de pouco máis de 6 minutiños:

Bosnia-Herzegovina: os libros rescatados de Saraxevo.

Os máis pequechos podedes entrar nestoutra ligazón, a un vídeo de animación no que se amosan as vantaxes e os perigos dos libros cando non saben usarse ao xeito:

El increíble niño comelibros.

E para os que prefiran a beleza plástica e musical, velaquí estoutra curtametraxe de animación:

Rachaelefo.

PLAN ADAPTACIÓN COVID CPI VIRXE DA SALETA- SETEMBRO 2021- version 5

Nova versión do PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID do centro que compartimos con toda a comunidade educativa, onde se recollen novas MODIFICACIÓNS, nesta ocasión identifícanse de cor VERDE.

 

Información sobre pagamento do comedor escolar

Información abono das cotas aos usuarios que teñen que pagaro Comedor Escolar


Os usuarios do comedor escolar que teñen que pagar polo uso deste servizo  terán que cubrir e facer chegar á secretaría do Centro, dentro dos 5 primeiros días do mes seguinte ao que teñen que pagar, o impreso que se xunta indicando no mes correspondente, cun “X”, os días nos que a persoa usuaria non asistiu ao comedor escolar para así descontalos.

PDF: Impreso calendario comedor.

Calendario escolar 2021-2022

Este é o calendario escolar do curso 2021-2022 no Cole de Cea
  9 setembro inicio Infantil e Primaria 
15 setembro inicio ESO
O horario deste curso será como o do ano pasado: Entrada: 9.30h Saída: L-M 16.40h / M-X-V 15.50h Horario oficinas: 9.30h a 14.30h

 
 

O Cole de Cea - Primavera de Cores

Primavera de cores é a primeira canción cantada e protagonizada polo alumnado de Infantil. Todas as nenas e nenos que cursan esta etapa educativa poñen voz a esta canción adicada ás cores da primavera. É unha versión da canción popular alemá "Grün, grün, grün sind alle meine Kleider" que, á súa vez, está inspirada na súa versión en castelán "Verde, verde".

Coas voces de : Noel, Tania, Yanira, Alejandro, Yaiza, Marcos, Isabella, Rosalía, Izan, Paula, Noa, Miranda, Lara, Carla P., Daniela, Carla G., Izan, Alexandro, Vera, Nela, María, Martina, Izan, Brais, Amaya, Sira e Sofía.

Aquí tendes a letra para cantar: Verde, verde é todo o que eu vexo verde, verde ó noso redor Porque eu amo todo o verde porque no bosque síntome mellor Porque eu amo todo o verde porque no bosque síntome mellor Branco, branco é todo o que eu vexo branco, branco, ó noso redor Porque eu amo todo o branco porque no ceo as nubes brancas son Porque eu amo todo o branco porque no ceo as nubes brancas son Vermello, vermello é todo o que eu vexo vermello, vermello, ó noso redor Porque eu amo todo o vermello porque eu teño un gran corazón Porque eu amo todo o vermello porque eu teño un gran corazón Amarelo, amarelo é todo o que eu vexo amarelo, amarelo, ó noso redor Porque eu amo todo o amarelo porque no alto brilla moito o sol Porque eu amo todo o amarelo porque no alto brilla moito o sol Branco, vermello verde e amarelo no meu cole e ao noso redor Porque eu amo todas as cores na primavera ver o campo en flor Porque eu amo todas as cores na primavera ver o campo en flor.

Distribuir contido


by Dr. Radut